GC Aberto
Temas: LUMES INCENDIOS

Quéimannos e imos dicir que arde

«Galicia non arde, a Galicia quéimana». Quéimannos os xa chamados "terroristas incendiarios", quéimanos o mal tempo, Ophelia, as circunstancias adversas para poder controlar e apagar o lume, e quéimanos —como foi insinuado polo presidente Feijóo— a nosa irmá e veciña, Portugal, que "non é quen de controlar os seus lumes". O goberno galego preséntase como unha vítima máis das lapas.

Por daniferlop | GC ABERTO | 17/10/2017

Comparte esta noticia

O xeito de dispoñer o discurso por parte do presidente é moi interesante. No apartado de loubanzas comezou esta mañá (luns), en primeiro lugar, polas forzas e corpos de seguridade do Estado: bombeiros, policías estatal e local, Garda Civil, UME... Unha énfase notable en resaltar o seu bo traballo, que de seguro o foi, aínda que as cousas moi boas adoitan venderse soas. Quizais o traballo dos profesionais foi excelente pero os medios e o número escasos? Habémolo saber ó longo destes días. De tódolos xeitos quedaron os veciños para máis tarde nese discurso. Os veciños, os cidadáns galegos, os verdadeiros heroes en moitos dos casos desta noite e a xornada de onte. Coma en Angrois. Coma no Prestige. Unha mención bastante fría e pouco destacada na comparecencia institucional. E ollo ó concepto de "terrorista incendiario", porque o termo "terrorista" implica semanticamente "non controlable, inesperado", e polo tanto suxire unha vez máis a ausencia de responsabilidade das autoridades e o goberno do país, aparte de ser unha palabra que fabrica votos.

Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Vemos, logo, como o presidente galego trata xa desde onte á noite de botar balóns fóra sutilmente, presentándose como unha vítima e evitando calquera tipo de relación ou contacto coa responsabilidade: o clima, Portugal, os terroristas... As preguntas son: que interese hai en prender lume? Que beneficio sacan os que o fan? Arderon zonas ameazadas polos proxectos devastadores de megaminaría contaminante contra os que a poboación galega estaba protestando (nos Ancares, por exemplo), pode ter algo que ver? As instalacións e o cableado de alta tensión de Fenosa querían facelos pasar por As Neves e Arbo, pero eran territorios protexidos que agora son cinza, pode estar relacionado? Hai algo que os nosos gobernos, galego e estatal, puidesen ter feito para previr ou solucionar esta situación e que non se fixese? Algo a nivel lexislativo (modificación e creación de leis) ou executivo (organización e funcionamento dos operativos anti-incendios (brigadas, bombeiros...), vixiancia, limpeza de montes...)? 

Vai ocorrer coma co Prestige, onde non houbo ningún tipo de responsabilidade política?

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Moito me temo que dende 2006 non aprendemos (non queremos aprender) nada de nada! https://elpais.com/Comentario/15085...