Milleiros de persoas reviven o NUNCA MÁIS aos lumes

Dignidade, valentía, afouteza, carraxe e, sobre todo, corazón e solidariedade. Os galegos saben loitar cando teñen que loitar e berran cando están indefensos, como canda o Prestige. E aquel berro que se escoitou en todo o mundo hai 15 anos volveu ser o motor de milleiros de persoas que este martes se botaron a rúa para entoar o LUMES NUNCA MÁIS

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/10/2017 | Actualizada ás 22:47

Comparte esta noticia

“Do teu verdor cinguido / e de benignos astros,/ confín dos verdes castros / e valeroso chan,/ non des a esquecemento / da inxuria o rudo encono;/ esperta do teu sono / Fogar de Breogán...”. Eses versos de Pondal que Pascual Veiga fixo música hai 127 anos seguen vivos na memoria colectiva dos galegos. 

Masiva manifestación en Ourense contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade
Masiva manifestación en Ourense contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade | Fonte: CIG.

E o certo é que foron milleiros de persoas as que este luns saíron nos municipios galegos e cidades como Madrid e Barcelona contra a xestión da Xunta durante a vaga de incendiose para clamar: 'Lume, nunca máis'. Milleiros de voces que pediron que Galicia manteña o seu "verdor cinguido" e os seus "verdes castros" pero con novas políticas forestais.

As sete cidades galegas, así como diversos municipios como Nigrán, Monforte, Carballo e Verín contaron con actos de repulsa contra os incendios que arrasan Galicia, con berros nos que se esixiu a "dimisión" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

En Vigo (fotogalería da manifestación), máis de 5.000 persoas –algunhas fontes falan de ata 10.000-- concentráronse en defensa dos montes galegos --fronte ao Museo Marco en Cálea Príncipe-- e para mostrar o seu rexeitamento á política forestal da Xunta e "os recortes" do Goberno de Núñez Feijóo en materia de prevención de incendios. Entre outros, asistiron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández e o secretario xeral de CC.OO., Ramón Sarmiento.

Os participantes, ademais das peticións de dimisión de Feijóo e da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, cargaron contra a "eucaliptización" de Galicia. Tamén se escoitaron emas de apoio ao pobo de Portugal afectado nestes días por unha vaga de incendios do mesmo xeito que Galicia.

Manifestación en Pontevedra contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade
Manifestación en Pontevedra contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade | Fonte: Concello de Pontevedra.

Santiago

En Santiago, centos de persoas concentráronse na Praza do Toural a partir das 20,00 horas --convocados por 'Lume, nunca máis'--- contra a xestión realizada e a falta da política de prevención da Xunta, nunha marcha que encheu logo a Praza da Quintana. Participantes falan de 10.000 persoas. A marcha estivo apoiada por diversos representantes políticos como o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero; o portavoz parlamentario de En Marea; Luís Villares; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e o portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, entre outros.

Os manifestantes saíron en marcha polas rúas de Compostela tras unha pancarta na que se lía 'Lume, nunca máis'. Durante a protesta escoitáronse consignas como "A prevención é a solución", "Con este goberno estamos no inferno" e "Detrás do incendiarios hai un empresario".

Ourense

En Ourense,  máis de 4.000 persoa berraron contra a "incompentencia" e "Feijóo, dimisión" nun percorrido entre a Subdelegación da Xunta e o edificio da Consellería de Medio Rural. Asubíos e carteis nos que se podía ler "Abandonados entre as chamas, non máis lumes" protagonizaron a xornada. O actor Fernando Dacosta leu o manifesto final.

En Nigrán

En Nigrán, varios centos de persoas acudiron ao paseo da Ramallosa para participar na concentración que culminou coa lectura dun manifesto por parte dun portavoz da Organización Galega de Comunidades de Montes. A lectura finalizou cun aplauso e ao berro de 'Lume, nunca máis, Feijóo dimisión'. Entre os asistentes estaban a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o deputado do BNG Luís Bará; o alcalde de Nigrán, Juan González, e concelleiros e veciños de Val Miñor.

O alcalde de Nigrán, Juan González, trasladou a Europa Press que a xente pasou "moito medo" e "está moi indignada" coa situación dada estes días na provincia de Pontevedra. Dixo que en Nigrán "non se recibiu "ningunha axuda externa" a pesar de que pediron medios humanos e aéreos. Acto seguido, puxo en valor a actuación dos medios propios e aos veciños que "loitaron contra o lume coma se fosen brigadistas".

A presidenta da Deputación, Carmela, Silva, coincidiu en que "é necesario reflexionar conxuntamente", pois aínda que admitiu que este fin de semana deuse "a treboada perfecta", hai que coidar dos montes. Así, avogou por implantar "un modelo de planificación e previsión". Tras iso, trasladou o seu "agarimo" aos achegados dos veciños de Nigrán falecidos.

As convocatorias comezaron ás 20.00 horas e tiveron lugar, ademais de nestas cidades e vilas, en Lugo: Edificio Multiusos da Xunta, Pontevedra: Praza da Peregrina, Ferrol: Praza de Amada García, Cangas: Praza do Concello, Monforte: Praza de España, Ribeira: Praza do Concello, Cambados: Praza do Concello,  Lalín: Praza de Lóriga, As Pontes: diante do Concello, O Carballiño: Praza Maior, Ribadavia: Praza Maior, Rianxo: Praza de Padrón, - Betanzos: Praza do Concello, Verín: Praza do Concello,  Xinzo: diante do Concello, A Guarda: Praza do Relón, Castro Caldelas: Praza do Prado, Redondela: Praza do Concello,  Foz: Praza do Concello, Sada: Praza de San Roque, Vilagarcía: Diante do Concello, Viveiro: Praza Maior, Ponteareas: Praza do Concello ou o Barco, diante do Concello.

Contra o abandono do rural

No manifesto elaborado para as concentracións deste luns, as organizacións convocantes trasladaron que lamentan profundamente "as situacións caóticas que causaron a morte de persoas que se viron atrapadas polos lumes descontrolados", e achacaron o ocorrido a "as políticas de abandono do rural do PP".

Así mesmo, culparon a "a ausencia de políticas de promoción da multifuncionalidad e dos valores ambientais e patrimoniais do monte", así como "á política forestal exclusivamente productivista". Ademais, rexeitaron a versión da Xunta, "responsabilizando desta catástrofe ás autoridades de Portugal", e remarcaron que "o máis grave é pretender eludir responsabilidades atribuíndo os lumes ao terrorismo incendiario". "Terrorista é quen permite unha ordenación do territorio e unha política forestal que favorece que o noso país arde", sosteñen.

Finalmente, criticaron a falta de previsión, organización e medios, á vez que subliñaron que "é indignante" a "ausencia" informativa dos medios de comunicación públicos galegos, "sen dar sequera información das alertas".

Concentración en Rianxo, onde o alcalde, Adolfo Muíños leu poemas de Manuel Antonio
Concentración en Rianxo, onde o alcalde, Adolfo Muíños leu poemas de Manuel Antonio | Fonte: Carlos Coto
Protesta de 'Lume, nunca máis' en Santiago
Protesta de 'Lume, nunca máis' en Santiago
Masiva manifestación en Vigo contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade
Masiva manifestación en Vigo contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade | Fonte: Alberte Mera.
Manifestación en Lugo contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade
Manifestación en Lugo contra os lumes e a xestión do Goberno que acabou fronte a sede da Xunta nesta cidade | Fonte: BNG.
Milleiros de persoas en Santiago de Compostela contra a vaga de lumes
Milleiros de persoas en Santiago de Compostela contra a vaga de lumes | Fonte: Soledad Felloza
Masiva manifestación en Vigo contra os lumes que arrasaron Galicia en pleno outubro e a xestión da Xunta
Masiva manifestación en Vigo contra os lumes que arrasaron Galicia en pleno outubro e a xestión da Xunta | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

14 quem é cómplice

A ver. A quem lhe pode interessar que a sociedade nom se mobilize perante a atitude criminosa da Administraçom, cómplice das companhias ( ENCE, mineiras, elétricas, cetáreas, jornais...) sanguesugas do país?

13 el observatore

eu fun a manifestacion, como de costume habia os de sempre , o berros que o mesmo sirven para A que para B ou para C, logo vin xente que non concordaba nin con les nin co que berraban, a famosa 3 via ou grupo que o final sempre e arrastrada por unha das duas partes.. pais

12 unmais

Xa vos vale a uns e outros vaia porcaria de esquerda e de nacionalismo temos, sempre enganadose respeito a quem é o enemigo. non me estraña que moita xente prefira quedar na casa no lugar de ir votar e que gañe sempre o PP, dades noxo

11 Avanti tutti

Moi ben o BNG liderando e impulsando estas manifestacións, con Ana Pontón á fronte canalizando a indignación cidadá. Unha nova demostración de que o nacionalismo é a verdadeira oposición da Galiza, por iso cada vez máis mareados volven ao lugar onde nunca deberon liscar. Avante BNG!!

1 Fernando G

Agora tes que ir a sede do sindicato a pedir a liberación perpetua polos teus esforzos propios de un bó hooligan do BNG

2 Hooligan do BNG

É mellor que vaias pola man dereita, Eche a que sostén maioritariamente os puticlubes, da para vestir calzóns polo campo adiante, fai cigarros de importación co tabaco dos demais, e ghasta 20 millóns contratando tecladistas (e seguramente vai dar para que eu me extenda).

3 Avanti tutti

Fernando, eu non son liberado de nada, voto nacionalista nas duras e nas maduras, outros cambiades de chaqueta segundo vai o vento, xa teredes que explicar o motivo, de todas formas de liberados na marea mellor é que non faledes, ou fai falta que che recorde que pasou no Parlamento co amigo de yolanda?

4 Ferrolano

Desde luego con los muertos todavía recientes y haciendo política sois peores que el psoe en el 15m, no valeis para nada bng kaput danke feijoo.

10 Lectura

A verdadeira bandeira non é outra que a da mestura de cores dos paraguas. A que representa a unidade e a solidariedade sen compromisos.