Un triunfo para os galegos

O Celta acada unha contundente vitoria por 2-5 nas Palmas e os xogadores celestes, que saltaron ao céspede cunha camisola co lema ‘Dor e rabia’, adican o triunfo a todos os galegos que sofren a vaga de lumes e loitan contra eles.

Por gcdeportes | Vigo | 17/10/2017 | Actualizada ás 00:50

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
UD Las Palmas 2:
Chichizola; Míchel Macedo (Lemos, 62’), David García, Bigas, Borja Herrera (Vitolo, 62’); Hernán Santana, Aquilani, Jonathan Viera; Tannane, Momo (Rémy, 46’) e Calleri.
RC Celta 5: Rubén Blanco; Daniel Wass, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Lobotka, Tucu Hernández (Radoja, 80’); Jozabed (Fontás, 64’), Emre Mor (Sergio Álvarez, min. 55), Pione Sisto e Iago Aspas.
Goles: 0-1: Emre Mor (16’). 0-2: Iago Aspas (20’). 0-3: Iago Aspas (49’). 0-4: Tucu Hernández (71’). 0-5: Iago Aspas (76’). 1-5: Vitolo (90’). 2-5: Rémy (93’).
Árbitro: Medié Jiménez (catalán). Expulsou con vermella directa a Rubén Blanco no minuto 52 por derrubar fóra da área a Calleri. Amarelas a Jozabed (27’) nos celestes e a Bigas (51’) e Aquilani (61’) nos canarios.
Incidencias: partido da 8ª xornada de Primeira División disputado no Estadio de Gran Canaria ante 15.799 espectadores. Ambos os dous equipos saltaron ao campo con camisolas de cor negro co lema “Dor e rabia” en homenaxe ás vítimas dos lumes.

Os celestes, con camisolas negras co lema 'Dor e rabia'.
Os celestes, con camisolas negras co lema 'Dor e rabia'. | Fonte: lfp.es

Nas dúas primeiras ocasións, dous goles de Emre Mor (a súa estra como goleador) e Iago Aspas. Rubén Blanco evitou antes do descanso coas súas paradas (ata catro, sobre todo unha no man a man con Calleri) que As Palmas se metese no partido, e de novo Iago Aspas sentenciou o choque co 0-3 antes de que se cumplise o minuto 5 do segundo tempo. Tras un erro de Pione Sisto na cesión atrás, o árbitro expulsou de xeito rigoroso a Rubén Blanco por derrubar a Calleri fóra da área despois de tocar o balón, pero cun xogador menos (Sergio Álvarez entrou por Emre Mor) o Celta foi aínda máis superior co rival e marcou outros dous tantos. Tucu Hernández fixo o 0-4 e Iago Aspas acadou o seu primeiro hat-trick como celeste co 0-5. Os canarios maquillaron o resultado con dous goles de Vitolo e Rémy no tempo engadido. Ao final, 2-5, e o Celta que é décimo con 11 puntos, tras catro xornadas invicto nas que sumou 8 dos 12 puntos, con 13 goles a favor. O vindeiro rival, o Atleti en Balaídos.

Iago Aspas, autor do seu primeiro hat-trick co Celta no partido número 250 como celeste, adicou o triunfo aos afectados pola vaga de incendios que sufre Galicia: “Antes de nada quería dar moito ánimo á nosa cidade, á nosa xente. Sufrimos moitísimo o día de onte [polo domingo], non nos merecemos isto e que mellor maneira que darlle unha alegría á xente”. Xogadores como Sergio Álvarez, ou os cataláns Andreu Fontás e Sergi Gómez, tamén adicaron o triunfo aos galegos que sufriron os lumes e loitaron contra eles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta