Fernando Alonso pide leis máis duras contra os incendiarios e Alex Márquez "Lumes Nunca Máis"

O piloto de Fórmula 1 di sentirse moi afectado polo acontecido en Galicia, Asturias e Portugal. Outros moitos deportistas tamén se solidarizan coas vítimas da traxedia coma Iker Kasillas, Sergio Ramos, Fernando Torres, Lucas Vázquez, Álvaro Morata, Julen Lopetegui,

Por Galicia Confidencial | Asturias | 17/10/2017 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Foron moitos os deportistas que nas últimas horas teñen amosado a súa solidariedade polo que está pasando en Galicia, Asturias ou Portugal. Así, o piloto de Fórmula 1, Fernando Alonso, reclamou "leis máis duras" para os incendiarios logo da intensa vaga de lumes que afecta a todo o norte da Península Ibérica.

Fernando Alonso pide leis duras contra os incendiarios
Fernando Alonso pide leis duras contra os incendiarios

Alonso, que é asturiano, di que lle doe a "alma" cando le novas ou ve imaxes dos pavorosos lumes que teñen lugar en Asturias, Galicia ou Portugal, as zonas máis afectadas polos incendios e que deixaron xa máis de 35 mortos en Portugal e catro en Galicia.

Pola súa banda, Alex Márquez  denuncia que queiman Galicia de "xeito inxusto e irresponsable" e, noutro tuit, publica unha imaxe de Nunca Máis.

Tamén outros deportistas se sumaron a esta onda de solidariedade:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta