Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/10/2017 | Actualizada ás 18:31
Un veciño de Vigo gravou na mañá deste martes un vídeo que se está distribuíndo por redes sociais e Whatsapp no que mostra as terribles consecuencias do incendio que arrasou a parroquia de Fragoselo, considerada a 'zona cero' de Coruxo na vaga de lumes que asola estes días Galicia.
No vídeo obsérvanse pequenos focos aínda activos e fumeantes e todo un terreo calcinado onde hai principalmente eucaliptos e tamén algúns piñeiros; pola contra, o autor do vídeo achégase a outra zona próxima dominada por frondosas onde o lume apenas conseguiu avanzar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.