Temas: LUMES INCENDIOS

Localizan globos cunha bengala en Salceda lonxe dos lumes

A Garda Civil investiga a súa posible relación cos incendios forestais dos últimos días.

Por E.P. | VIGO | 17/10/2017 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Un veciño do municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra) localizou globos cunha bengala e a Garda Civil investiga a súa posible relación cos incendios forestais dos últimos días.

Artefacto incendiario localizado en Salceda
Artefacto incendiario localizado en Salceda | Fonte: Europa Press

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, este artefacto pirotécnico consta de seis globos de cor branca enganchados a unha bengala, das que se usan habitualmente nas festas particulares e que, unha vez prendidas, "desprenden luminiscencias de escasa capacidade calorífica".

Os servizos técnicos da Benemérita investigan agora a potencial capacidade incendiaria deste artefacto e a súa posible relación cos últimos incendios forestais, aínda que precisaron que o achado se produciu nun lugar "moi afastado das zonas afectadas polo lume".

Un veciño de Salceda de Caselas informou á Garda Civil de que localizara este artefacto o pasado domingo, pousado sobre uns viñedos próximos á estrada EP-2505, en Salceda de Caselas.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 SpamÑa fora de Galiza

False flag popularra