Os incendios tamén queiman a Cámara galega e a converten nun auténtico esperpento

Que pasou en Galicia ese domingo negro 15 de outubro?. Todo foi un desastre ou todo funcionou ás mil marabillas?. Estaba Galicia preparada para unha catástrofe como esta ou todo estaba sobre rodas?. A xente chamou sen problemas aos servizos de emerxencia ou tanto o 061 coma o 112 eran un caos?. Está claro que escoitando á oposición e á Xunta, Galicia está, decididamente, dividada en dous e non, precisamente, polos incendios.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 18/10/2017 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Mércores, 18 de outubro. Día cuarto posterior a unha das peores catástrofes que padeceu Galicia. A Cámara galega converteuse no escenario dunha obra de Valle Inclán. Un auténtico esperpento protagonizado polos grupos da oposición e por dous presidentes; o da Cámara e o da Xunta, Miguel Santalices e Alberto Núñez Feijóo.

Punto verde de Fragoselo, en Coruxo (Vigo), no que se atopa a planta de biomasa, totalmente arrasado polo lume da vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro
Punto verde de Fragoselo, en Coruxo (Vigo), no que se atopa a planta de biomasa, totalmente arrasado polo lume da vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Feijóo compareceu na Cámara na tradicional sesión de control ao Goberno. As preguntas --rexistradas con anterioridade ao desastre incendiario-- non ían sobre os lumes. Pero os grupos da oposición aproveitaron a sesión para preguntarlle sobre a crise dos incendios, precisamente, pola gravidade da situación. Algo que impide o Regulamento da Cámara e que impedira uns días antes o PP ao bloquear un cambio na orde do día.

Con todo, o presidente do Parlamento permitiulle á voceira do BNG, Ana Pontón, que preguntara polos lumes, pero quixo impedir o uso da palabra de En Marea para falar sobre o mesmo. E, entón, comezaron os reproches, e os insultos. "É un erro meu, asumido polo presidente que non tiven que deixar que este debate fora sobre os incendios, pero agora, por favor, pregunte polo que viña a preguntar", espetou Santalices que impediu que Villares poidera case facer uso da súa quenda para preguntar e ante as airadas queixas dos deputados de En Marea.

Pero o mesmo lle aconteceu á voceira do Bloque que, tras rematar Feijóo a súa intervención, quixo pedir a palabra por alusións, e en base ao regulamento da Cámara, pero tampouco se lle deixou expresar. "Que quede claro que estamos nunha auténtica situación de indefensión e presentaremos unha queixa formal", apuntaba xusto despois o voceiro parlamentario socialista, Xaquín Fernández Leiceaga.

A chamada entre Villares e Feijóo

Minuto de silencio por los incendios en el Parlamento gallego este mércores
Minuto de silencio por los incendios en el Parlamento gallego este mércores

E o momento máis tenso chegou no cruce de acusacións entre Villares e Feijóo. Un duro cruce provocado cando Villares non puido facer a súa pregunta interrumpido polo presidente da Cámara. Feijóo non o escoitou e contestou o que quixo.  "Como me pregunta a min onde estaba o domingo se o chamei a vostede á unha da madrugada para informar da situación", díxolle un Feijóo fora de si e acusandoo a En Marea de ser un grupo destrutivo.

"Se me deixara falar o presidente da Cámara sabería que non lle preguntei, en absoluto, polo que fixo o domingo. O único que quería era dicirlle que os servizos de emerxencia non funcionaron o pasado domingo. E non funcionaron porque a CRTVG non fixo o seu servizo de medio público para informar da gravidade da situación. E non funcionou polo caos e a desorganización", dixo un Villares que empregou un ton tranquilo, case chamando a rebaixar a tensión.

"E agora que vostede fala desa conversa privada direi que, efectivamente, chamou. E que eu lle dixen que nun momento coma ese os gobernos municipais das mareas estaban a disposición da Xunta porque en situacións así hai que deixar de lado as diferencias políticas e poñer ao pobo por diante, que é o máis importante... Hai que saber estar á altura das circunstancias", díxolle.

Feijóo non quixo rebaixar a tensión nin atender esa chamada á cordura de Villares ."Falei con este e agora se me enfada", dixo en ton falton ao tempo que indicaba que ten un problema co voceiro da Marea e co seu grupo; "cústame tomalos en serio".  Pero o presidente da Xunta insistiu nas súas descualificación. "Teño que dicirlle que tamén chamei a Pedro Sánchez e a Pablo Iglesias e, aínda que non lle guste,  este ten máis principios que vostede", engadiu.

O lume segue ardendo na Cámara

O caso é que o lume que queimou Galicia este domingo --e que aínda segue queimando o país--trasladouse directamente ao Parlamento con declaracións incendiarias. Feijóo acusou á oposición de tentar desacreditar á Xunta e dixo que el nunca faría iso con outro goberno. "Ah, pero non se lembra do 2006 --a outra gran vaga de incendios-- que puña a parir ao bipartito", espetoulle un deputado desde as bancadas da oposición. E a oposición acusouno de descoordinación e falta absoluta de medios para afrontar a catástrofe.

Pontón pediulle que recoñeza os erros de xestión e a falta de medios porque "foron moitas as persoas que sufriron" e tamén pediulle que active unha comisión especial de investigación, así como un plan de axudas para os afectados. Feijóo foi tallante e dixo que as axudas xa as anunciou Rajoy e a súa ministra e tamén haberá da Xunta e insistiu en que non houbo falla de medios porque Medio Rural volveu contratar aos brigadistas o pasado 13 de outubro. "Do que non falan vostedes é da trama incendiaria, dos terroristas incendiarios", quixouse, a pesar de que o fiscal de Medio Ambiente de Galicia dixo este martes que non se podía acreditar a cuestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 anonimo

O parlamento galego sempre foi un esperpento (nin a circo chega porque son tan oligofrénicos que nin risa dan) O mellor que poderían facer é pasarlle a tesoira coma ó de Castilla La Mancha. 35 - 40 deputados sobran para andar tirando así nos cartos. Noxo. Mal cheiro.

2 marxleininstalin de castelao

ana pontón vale moito a xente estase a dar conta... o outro o villanias o xuiz xparvo non vale para nada... ANA PONTON OFRECEOLLE A MIÑA VIDA DEME UN ARMA!!!! - andan que non din as hectáreas queimadas no dos ancares señores 4.000 HECTAREAS!!!! O CHURRASCO FOI GRANDE!!!! XSINVERGONZAS E NINGUEN DIMITE emprezando polo rueda de desprotección civil o que pasou ise dia polas estradas foi moito e no túnel da Xcaralla, porque aquello foi a Xcaralla e poido ser gran traxeida... O PRIMEIRO QUE TIÑA QUE LARGARSE E O RUEDA e xa non quero nin falar do de montes e outros da curia pepeira que rodea o presidente frijoles...

1 A mafia de Génova

A trama incendiaria é facer do rural galego un invernadeiro de monocultivo para surtir de pasta barata a ENCE onde altos ex cargos do PP copan os postos directivos. A trama incendiaria e dar 70 anos de prorroga a ENCE. A trama incendiaria é non multar por clientelismo aos que non limpan o monte.A trama incendiaria e facer a lei de montes do PP que co apoio de UPyD permite a recalificación do chan queimado. A trama incendiaria é privatizar os serizos de intención, para que un cártel de 14 empresas e ex altos cargos do PP monten un entramado criminal, para amañar os concursos, prender lume aos montes e con sobre custes estafar as administración públicas mais de 250 millóns de euros.

1 Fumedecarozo

Nin pu ta idea. Quen quere a madeira queimada par vo? Quen quere que arda a sua leira? Vai por cocho populista nacionalsocialista.