A Xunta anuncia un plan de axudas aos afectados, como no Prestige, pero sen dotación económica

Feijóo di que a prioridade será para aqueles que perderon as súas casas ou bens privados. Tamén haberá indemnizacións ás familias e diñeiro para recuperar os servizos públicos afectados ou queimados. A Xunta activará medidas para preservar os solos e evitar escorrentías, sobre todo de cinzas que poidan contaminar ríos e rías.

Por Xurxo Salgado | Compsotela | 19/10/2017 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

Non é un Plan Galicia de 12.000 millóns de euros como o que presentou o expresidente Aznar, acompañado do entón ministro Rajoy, na Torre de Control Marítimo da Coruña en xaneiro de 2003, meses despois da traxedia do Prestige, pero a Xunta imitou o modelo para tentar paliar os efectos da terrible vaga de lume dos últimos días. Por iso, o seu presidente anunciou a posta en marcha dun Decreto Marco de Axudas, pero sen concrección económica.

Reunión del Consello de la Xunta
Reunión del Consello de la Xunta

Non podo dicir canto é porque temos un crédito ampliable e, ademais, está o convenio anunciado polo Ministerio de Medio Ambiente para labores de reforestación”, dixo ao ser preguntado ao respecto na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

En todo caso, as prioridades destas axudas serán para as familias das catro vítimas, para as persoas que perderon bens, principalmente vivendas, e tamén para as entidades, concellos ou administracións que perderon numerosos servizos públicos, desde infraestruturas eléctricas, ata sinalización, pasando por traídas de auga ou danos en camiños.

Con respecto ás vítimas, Feijóo, que non quixo dicir canto diñeiro recibirán as súas familias, si aclarou que non será o mesmo estipulado para situacións de emerxencia, xa que equiparou o acontecido a un acto de terrorismo, aínda que sexa incendiario. “Ímonos apartar do resto das axudas porque consideramos que non é o mesmo unha persoa que morre porque lle prantaron lume preto de onde vive, a outra que o pode facer por un furacán ou unha crecida”, dixo. 

Axudas a vivendas

Por outra banda, a Xunta centrará as súas axudas a paliar danos en bens privados, sobre todo, as casas. Polo momento son 34 as vivendas afectadas ou destruídas por efecto do lume. Para elas, o Goberno galego abrirá unha liña de asesoramento para ver se están aseguradas. Senón é o caso, entón haberá indemnizacións en función de se a vivenda estaba habitada e foi destruída, se estaba habitada e foi afectada ou non era unha vivenda habitada.

Feijóo, Rajoy e mandos da UME reunidos con membros do Concello de Ponteareas
Feijóo, Rajoy e mandos da UME reunidos con membros do Concello de Ponteareas | Fonte: Concello de Ponteareas

Tamén se analizarán axudas para outras infraestruturas privadas como naves industrias, naves agrarias e outro tipo de negocios, como tendas ou farmacias. No que respecta a bens públicos, a Xunta analizará con entidades, concellos e deputacións os bens públicos afectados para tentar repoñelos.

Outras medidas

Por outra banda, Feijóo anunciou que, conxuntamente con este decreto de axudas, a Xunta puxo en marcha outras iniciativas, entre elas, e máis importante, a planificación da reforestación dos terreos queimados. 

Ademais, activarán medidas para preservar os solos e evitar escorrentías, sobre todo de cinzas que poidan contaminar ríos e rías. Así, realizarase unha cartografía dos lugares máis danados e logo se activarán medidas correctoras para rexenerar eses chans. O obxectivo será evitar o arrastre pluvial de cinzas e sedimentación. 

A Xunta tamén dará prioridade aos parques naturais afectados, en especial ao Xurés e os Ancares-Courel. Tamén se monitorizará unha franxa de 20 kilómetros, a partir da fronteira portuguesa, para frear a enfermedade dos piñeiros e iniciarase unha actuación de emerxencia para garantir un manto mínimo sobre a corteza vexetal. 

Incendiarios, como terroristas

“As solucións chegarán máis rápido se todos cooperamos xuntos”, indicou Feijóo que fixo un chamamento a concellos, deputacións e Goberno central para colaborar xuntos. “Que fagamos o noso traballo non significa que esquezamos quen foi o responsable de todo isto e non imos dar tregua aos que están detrás dos lumes”, indicou. De feito, volveu pedir que os delitos dos incendiarios sexan equiparados aos delitos por terrorismo. 

“Non pode ser que incendien e queimen galicia sen ningún tipo de rubor pensando que non lles vai pasar nada. Iso tense que rematar”, suliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Alberte

Para que darlhe tantas voltas. Si só os votan os ignorantes e os que vos deben algún favor. E máis nada. O resto do país vive no estranxeiro ou sobrevive como pode. Si todos sabemos que fagades o que fagades sempre ides ter a maioría. Si só quedan velhos e ignorantes. E os novos están infectados pola ignorancia do entorno. Así que non hai problema. Pero iso sí. Teredes Ourense, provincia avelhentada onde as haxa, moitos concelhos de xente ignorante, non porque vos voten, senón porque o son. Non hai máis que falar con eles 5 minutos. E así con todo. Por que non vos ides uns anos e facemos os poucos que quedamos que temos dous dedos de fronte un país europeo e non unha reserva sioux como a que estades a fecer?

5 galegoexiliado

E pa que van a gastar cartos si donde ardeu o monte teñen o voto asegurado de por vida? Promesas, promesas, palmadas no lombo e algunha festa gastrónomica pa confraternizar cos caciques e recordarlles quén manda na aldea.

4 Ermelinda del Monte

http://www.cig.gal/nova/critican-o-... Gondisalvo, onde estás? E que sempre quixen coñecer a alguén de nome tan eufónico... Son coma aquela Isolda do conto de Cunqueiro que buscaba a un Tristán... Ai, non que era Tristán o que buscaba a Isolda... Que sarillo Gondisalvo!

3 Vicioso

Eso, que non lles dean cartos, non vaia ser que os gasten en comer e non morran aínda!

2 nieves

Señor Feijó el que no hizo su trabajo fué usted y lo sabe 😴😴😴