Do Feijóo de 2006 de “con nós non morría xente” nos incendios ao Feijóo do 2017

O presidente da Xunta di que os galegos saben o que fixo o PP mentres estivo na oposición e o que fai no goberno, a diferencia do que fixo o bipartito.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/10/2017 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

Con nós non morría xente e con vostedes xa van catro”. Foi a frase que Alberto Núñez Feijóo espetou en 2006 ao conselleiro do Medio Rural de entón, o nacionalista Alfredo Suárez Canal, tras a vaga de lumes dese ano. Un Feijóo que, ademais, protagonizou unha polémica foto en zapatos náuticos e cunha mangueira. Once anos despois, aquel Feijóo xa non é o mesmo, nin as súas declaracións tampouco.

A polémica foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueira de xardín cando era líder da oposición
A polémica foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueira de xardín cando era líder da oposición

Precisamente, este domingo morrían catro persoas noutra das vagas de incendios máis terrible que ten pasado Galicia. Pero, a diferencia de 2006 e de 2017 para Feijóo é evidente. “Os galegos poden comparar o que pasou no 2006 e agora no 2017”, dixo. No fatídico verán de hai once anos arderon en Galicia 77.000 hectáreas, fronte as case 40.000 hectáreas que arderon en dous días en 2017. 

Desde entón ata hoxe semella que poucas cousas cambiaron, agás os reproches dos partidos políticos polas distintas políticas forestais. En todo caso, e a pesar da similitude das dúas vagas de lumes, nas que houbo mortos e milleiros de hectáreas queimadas, Feijóo insistiu en diferenciar a súa política da do bipartito.

“Hai unha diferencia grande tanto nos lumes ardidos, como na adiación política, como nas explicacións posteriores dadas”, dixo en alusión a súa reacción fronte a do Goberno do bipartito que foi similar. De feito, tanto na vaga de 2006, como na do 2017, os dous gobernos da Xunta víronse completamente desbordados e tiveron que solicitar axuda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Luis ferrolan do pisco

PRESENTEIRO, PRESENTEIRO. Búrlate , fas bén , senón que non te elixiran . Eu no me dou por aludido...¡pois o meu voto non o tiveste.

3 galegoexiliado

Naceu e foi educado así. Non é a sua culpa. A culpa é da clase obreira que o apoia e vota.

2 anonimo

Presidentiño

1 Eu mesmo

Miserable. Éis a súa definición. Queda dito.