SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2017 | Actualizada ás 18:01 por EUROPA PRESS
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, interveu 291 quilos de peixe espada nun operativo contra o furtivismo desenvolvido no porto do Berbés, en Vigo.
Segundo sinala o departamento de Mar, o peixe comisado atopábase nun almacén dunha empresa de transporte de mercadorías en frío, pero era propiedade dun terceiro.
A mercadoría, explica a Consellería do Mar, que foi entregada ao Banco de Alimentos de Vigo, interveuse xa que "carecía de documentación que avalase a súa legalidade".
Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.