O grupo neonazi Hogar Social anuncia que virá con “axuda humanitaria” a unha Galicia ‘terceiromundista’

Os ultradereitistas organizan unha campaña tralos incendios usando os clásicos estereotipos sobre os galegos e dun país subdesenvolvido.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 20/10/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

En Madrid son coñecidos por ser un grupo neonazi e populista que presta axuda só a xente con ADN español, discriminando aos estranxeiros e avivando o discurso do odio contra estes. A súa táctica é tan sinxela como efectiva en tempos de crise nos que os populismos emerxen para facer boas as posverdades: prestan axuda a xentes necesitadas de nacionalidade española ás que manipulan dicíndolles que a culpa dos seus males é dos estranxeiros. Así buscan fomentar o odio e atraer cara os seus posicionamentos fascistas, racistas e xenófobos a xente débil. Agora, e aproveitando politicamente, como é de costume neles, as desgrazas doutros, anuncian que viran a Galicia con "axuda humanitaria", coma se Galicia fose un país do terceiro mundo.

Mensaxe do grupo neonazi Hogar Social tralos incendios, coa estereotipada imaxe dunha Galicia vella, pobre, triste...
Mensaxe do grupo neonazi Hogar Social tralos incendios, coa estereotipada imaxe dunha Galicia vella, pobre, triste...

A cousa non queda aí. Non só piden "axuda humanitaria" coma se fose para un país famélico e sen recursos propios, senón que usan a estereotipada imaxe dunha vella con pano á cabeza e totalmente ataviada de negro para representar esa imaxe do pobo galego que algúns gustan de mitificar por terras de Castela; a imaxe dunha Galicia vella, rural, negra, antiga, pobre e triste.

Estas son as simples e pobres tácticas dos neonazis de Hogar Social, que nunca disimularon a súa mensaxe racista, xenófoba e carpetovetónica. Así o anuncian nas súas redes sociais:

"Hogar Social acudirá a Galicia con ayuda humanitaria para aquellos que lo han perdido todo a causa de los incendios. Pedimos tu colaboración para llevar la mayor ayuda posible, recordando que sacar la bandera de España es, sobre todo, estar al lado de quienes han sido devastados. ¡Ayúdanos a ayudar!".

O anunciou xerou unha marea de reaccións nas redes sociais, denunciando o carácter xenófobo e neonazi deste colectivo. Velaquí algunhas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Galego

Grupo neonazi? Falades do BNG?

1 ForaFalsosGalegos

falamos de ti. Eu non son do BNG, pero o BNG de neonazi non ten nada. Ti debes ser un bo neonazi

2 un mais

¿Queres deixar un comentario?Non, falamos de ti, para a frente dun espello e se cadra ate tes o bigodiño hitleriano