Os lumes fan reaccionar á sociedade: Bombeiros, brigadistas, axentes forestais e 112, xuntos contra o caos incendiario

Denuncian a falta de coordinación da Xunta e apostan por máis prevención, a profesionalización das emerxencias e a creación dun mando único para evitar un novo domingo negro. Anuncian que crearán un tecido social “paralelo” para organizarse mellor ante situacións de crise semellantes “se as administracións non reaccionan”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/10/2017 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

“É a primeira vez que todos os corpos de emerxencia estamos xuntos para unir as nosas voces e buscar solución ao caos que se viviu en Galicia nos últimos días durante a vaga de lumes. Buscaremos solucións para evitar unha nova situación así, xa que a Xunta non foi quen de facelo”. Miguel Ucles, presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia  foi claro e meridiano ao referirse á xuntanza histórica mantida entre bombeiros, brigadistas, axentes forestais e traballadores do 112 para reclamar un cambio profundo na política contraincendios da Xunta de Galicia.

Traballadores do 112, brigadistas de Seaga, bombeiros e axentes forestais xuntos para denunciar o caos da vaga de lumes
Traballadores do 112, brigadistas de Seaga, bombeiros e axentes forestais xuntos para denunciar o caos da vaga de lumes | Fonte: XS

Nunha rolda de prensa conxunta celebrada este venres en Santiago, representantes destes tres colectivos apostaron por unha clara política de prevención, pola profesionalización dos servizos de emerxencias e pola creación dun mando único para evitar o caos vivido este pasado domingo. “O que queremos é un servizo público, profesional e de calidade que non estea en mans de empresas privadas”, indicaba Josafat Puente, do Comité de Empresa de Seaga en Pontevedra.

“Total improvisación”

Así, os integrantes destes servizos, que traballaron extenuantemente o pasado domingo, denuncian unha “total improvisación” por parte da Xunta e unha “completa falta de coordinación”. Así, Rafael Cudeiro, axente forestal, criticou o “ninguneo” por parte das administracións aos profesinais do servizo contraincendios. “Andabamos dun lado a outro pola total descoordinación dos mandos”, indicou.

Pola súa banda, Susana Camba, do 112, dixo que este servizo viuse “totalmente desbordado” ante a magnitude da traxedia. “Só había sete persoas ao principio para antender centos de chamadas”, indicou, “só cando a situación estaba desbordada chamaron a novos compañeiros para botar unha man”. Así, narrou unha situación de “caos total” onde os traballadores “non sabían que pasaba” e había unha falla de coordinación “completa”. “Está claro que esta vaga de lumes sería diferente se se xestionara doutro xeito e cunhas directrices claras e un centro de mando adecuado”, indicou.

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Tamén Josafat Puentes fala de “descoordinación de todos os medios” na loita contra os incendios. “Todos sabiamos que ía ser un día complicado e a Xunta estaba sobreaviso, pero non tomou ningunha medida”, criticou. Así, lembrou que cando aconteceu a traxedia incendiaria en Portugal, o pasado xuño, xa avisaron á Xunta do que podía pasar en Galicia. “Eles contestaron que aquí iso era imposible... E resulta que, finalmente, o tivemos na casa”, salientou. 

Ademais denunciou que se teñan despedido a numerosos efectivos cando non rematara o periodo de seca e perigo e que, logo, os chamaran a correr. “Nin tampouco ten sentido ningún que estean vixilando os montes cando chove, no canto desbrozalos”, queixouse.

“Desidia” das administracións

Pola súa banda, o bombeiro Gustavo Tobío, dixo que a catástrofe tería sido “moito menor” senón houbera a “improvisación que houbo”, por parte das institucións públicas, nomeadamente, a Xunta. A creación da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) está, dixo, “para coordinar” e o que fixo foi “descoordinar”. Ademais, lamentou que desde traxedias como Angrois ou o incendio de Fandicosta non cambiara o seu protocolo de actuación. “Hai unha total desidia e desorganización entre Xunta, concellos e deputacións que logo sofren os cidadáns”, lamentou.

Por iso, todos estes profesionais denuncian a “falla de estrutura e de homoxenización dos servizos públicos” e reclaman a creación dun mando único de coordinación, a profesionalización total dos servizos públicos e políticas de prevención claras e concretas. “Se a Xunta non o fai, pois o tentaremos facer nós”, suliñou Ucles.  De feito, esta xuntanza serviu de toma de contacto entre os distintos corpos de emerxencia e será a primeira de varias para tentar crear un "tecido social paralelo" para organizarse mellor ante situacións semellantes “se as administracións non reaccionan”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Gamela

Ao mellor é que tanta falla de coordinación e de medios é xusto o que se busca! En 2006 logo de 15 días apareceu un submarino abandoado nas illas Cíes (e ninguén foi condeado!) Ao mellor ter un presidente que ten amigos entre narcotraficantes podería explicar mellor porqué a fiscalía segue arquivando as investigacións DAS TRAMAS DE INCENDIARIOS ? https://elpais.com/Comentario/15085...

7 Fada laverca

E que non poden As Mareas e o BNG deixar de lado as súas diferenzas para actuar conxuntamente diante de problemas tan graves? E preciso crear espazos de confluencia... Creo que cómpre facer un chamamento a todos aqueles que podan mediar para crear esta confluencia para que o tenten unha vez máis. Sei que é difícil, sei que hai feridas que supuran... Pero non podemos agardar máis. Se en verdade amades Galiza coma dicides, debedes empezar a falar para presentar unha alternativa crible. Se o facedes seremos moitos e moitas a apoiar. Chegou a hora do cambio. Non podemos seguir así e se ben o pensades, seguramente, son só uns poucos e cunha capacidade de atraer votantes mínima os que máis presionan para evitar o entendemento e manter o seu leiriño e as súas cadeiras... Se non o facedes xa, perderedes votos. Eu serei a primeira en non votarvos. Estou farta de cainismo, egocentrismo e sillonismo (ou sexa, buscar un acomodo na política sen vocación de servizo ao pobo).

1 Murder Inc.

Está ben o que comentas, ainda que non é tan doado rematar co clientelismo do PP no rural, onde arrasa, se a xustiza non actua. Coma comentaba La Voz de Santino Rey, nas cibdades o voto xoven ao PP é mínimo, onde o PP acada un 17% na meirande parte maiores de 65 % (sempre tendo en conta un 50% de abstención). O problema é que no rural o PP arrasa cun 37%, ademáis é o voto mais Fidel, xunto co BNG. Coma afirmaba a xuiz sevillana que levaba o tema dos lumes en Andalucia, da que Podemos xunto con Ecol. en Acci levaba a acusación particular; "te atopas coa falta de medios, e co boikot da Junta de A de Gusana Diaz, tes o problema de que no estado español a prevaricación non ten pea de cadea, senon de inhabilitación, de que recentemente o PP reduciu o tempo máximo de instrucción dos casos de corrupción, os políticos aforados poden escoller os xuices que leven o seu caso, e que o PP no gobernó leva anos amnistiando os condeados por corrupción"

6 Fada laverca

Deberíanse reclamar de forma clara e contudente dimisións ou ceses. https://twitter.com/Rivasbarrs/stat... https://twitter.com/Rivasbarrs/stat...

5 Fada laverca

http://www.publico.es/politica/ince... Alguén sabe coma se conxuga o verbo dimitir en galego ou castelán? E o verbo cesar? E que nin sequera isto podemos agardar porque evidentemente saben que fagan o que fagan sempre gañarán grazas á división da esquerda nacionalista e galeguista. Sería moito pedir que as Mareas e o BNG pensasen en artellar espazos en común que posibilitasen unha posible candidatura común aínda que mantendo as súas especificidades? E que se non vannos gobernar os conservadores, en solitario ou na compañía dos do partido desta señora que teñen espazo para medrar nas cidades coma todos supoño que vos decatadades: http://www.publico.es/politica/ataq...

4 Falcone

Coa nova lei que aprobou no congreso o PP, que permite recalificar o chán queimado, ENCE terá en Galiza e mais en Navia, madeira de eucalipto barata e preto da fábrica, e os madereiros do norte de Galiza, onde non hai vagas de lunes, terán que comerse a madeira ao prezo que marcan. ENCE pechou a sua fábrica en Huelva, botando a 2.500 traballadores a casa, por ter a madeira lonxe que impide recurtar gastos. Por iso o Rajoles con bó ollo e por se saian as cousas mal, antes de convocar eleccións, aseguraba o seu futuro, coma antes outros da calaña, dándolle 60 anos mais de vida. A trotona a percurarse a vida, o Frijoles no iate do narco, o PP é o partido da familia...da familia da mafia.

1 Cansino

Lee a Leí de Montes anda antes de falar e consulta que a madeira queimada non entra en Ence porque ten que ir pelada e sen manchas, e a ardida non pela ata que retoñe, perder peso, e non pela.... Non intoxiques.

2 Falcone

Ti debes ter as capacidades cognitivas atrofiadas, quén fala de madeira queimada?. Falo da lei que intrduxo o PP días antes, que permite recalificar todo o chán queimado. Ademais varios altos ex cargos do PP están imputados pola Audiencia Nacional xunto con 14 empresas, por montar un cártel criminal, para prantar lume aos montes,, amañar todos os concursos públicos dende que hai mais de 15 anos se privatizou o sector de apagar os lunes, tanto terrestres coma aéreos, e montar unha estafa continuada que con sobre custes, estafou mais de 250 millóns de euros, as adminis. públicas.