Feijóo arremete contra os incendiarios "desalmados" que tiñan "intencionalidade de producir danos en vidas"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse convencido este venres de que Galicia "superará con determinación" a crise xerada pola onda de incendios forestais e arremeteu contra os incendiarios "desalmados" que tiñan "intencionalidade de producir danos en vidas".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2017 | Actualizada ás 15:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse convencido este venres de que Galicia "superará con determinación" a crise xerada pola onda de incendios forestais e arremeteu contra os incendiarios "desalmados" que tiñan "intencionalidade de producir danos en vidas".

"Acabamos de vivir un episodio brutal de desalmados que estaban a tentar queimar o noso patrimonio e lamentablemente tamén con algunha intencionalidade de producir danos en vidas, como se produciron", sinalou Feijóo.

O presidente galego participou na conmemoración dos 25 anos do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense), un acto que contou coa presenza entre outros do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

As declaracións prodúcense apenas 24 horas despois de que o presidente galego expuxese a necesidade de "abrir unha reflexión profunda" sobre as condicións para que un incendiario vaia a xuízo e de insistir na necesidade "asimilar" o delito incendiario co delito terrorista.

Durante a súa intervención en Ourense, Núñez Feijóo defendeu que se superará "con determinación" a crise provocada polos incendios forestais e que o seu goberno "segue sendo optimista co rural".

PROPOSTAS PARA O RURAL

Para xustificar esta afirmación informou de que a Lei de Orzamentos presentada na Cámara galega suporá que Galicia sexa "a única comunidade que non cobra impostos por comprar, vender ou permutar terras", xa sexan forestais, agrarias ou vitivinícolas.

Nesta liña anunciou que se farán desgravacións e deducións nos impostos da Renda e de Patrimonio das persoas que invistan e compren unha leira ou un monte e póñano en produción.

Tamén apostou "facer moitas máis cousas" a través do Centro de Investigación da Madeira, CIS Madeira, cuxa sede se atopa no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Nesta liña lembrou que Galicia "ten unha gran capacidade económica vinculada ao sector forestal" e que a superficie forestal da Comunidade Autónoma representa o 46% da masa forestal de España.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta