Gonzalo Caballero: "Galicia non se merece un goberno sen capacidade en prevención nin en loita contra incendios"

O secretario xeral electo do PSdeG, Gonzalo Caballero, subliñou este venres que "Galicia non se merece un goberno que non teña capacidade efectiva na prevención nin na loita contra os incendios" forestais.

OURENSE | 20/10/2017 | Actualizada ás 18:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral electo do PSdeG, Gonzalo Caballero, subliñou este venres que "Galicia non se merece un goberno que non teña capacidade efectiva na prevención nin na loita contra os incendios" forestais.

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita zonas afectadas polos incendios
O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita zonas afectadas polos incendios | Fonte: Europa Press

Díxoo, segundo un comunicado difundido polo PSdeG, tras visitar as zonas afectadas polo lume no concello ourensán de Carballeda de Avia, onde faleceu unha persoa.

Nun municipio no que, segundo o seu rexedor, Luís Milia, as lapas afectaron ao 77 por cento do seu territorio, Caballero censurou o "abandono" que sufriron os veciños durante "unha situación crítica".

"Tiveron que paliar a ausencia dun goberno que non exerceu o seu traballo para loitar co lume e en defensa das vivendas e da masa forestal", salientou.

E, tras criticar que "nin sequera" a Deputación de Ourense púxose en contacto co alcalde, o que evidencia o "fracaso" na política forestal e de prevención, o novo líder do PSdeG reivindicou "un gran pacto social" contra o lume e para recuperar a masa forestal.

"ZONA CATASTRÓFICA"

"Galicia non pode estar a esperar pola choiva cunha secuela como esta", recalcou, á vez que urxiu "axudas económicas" para quen perderon os seus bens nos incendios da última semana.

Pola súa banda, Luís Milia reclamou a declaración de Carballeda de Avia como "zona catastrófica", pois as súas distintas aldeas están "danadas" e o seu monte, que é o seu "medio de vida" e a súa "fonte de riqueza", quedou devastado.

En paralelo, como detallou, tamén os servizos básicos resultaron "afectados", pois as lapas "danaron gravemente a iluminación e a auga".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta