A Xunta destaca que dous terzos dos 170 millóns da loita contra o lume en 2018 son para "prevención"

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou que dous terzos dos 170 millóns que os orzamentos da Xunta prevén para a loita contra os incendios en 2018 son para "a prevención" e un para a "extinción".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2017 | Actualizada ás 19:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou que dous terzos dos 170 millóns que os orzamentos da Xunta prevén para a loita contra os incendios en 2018 son para "a prevención" e un para a "extinción".

A titular do Medio Rural pronunciouse deste xeito ao ser preguntada polas contas do seu departamento para o próximo ano que, segundo indicou, "crecen máis dun 10%" no marco do esforzo que o Executivo galego "vén facendo" neste sector.

Con todo, apelou á "responsabilidade de todos" en materia de prevención, desde os "propietarios da píe" á "administración". E é que, segundo lembrou, o "98% do territorio é privado" polo que "hai unha responsabilidade" que pasa por ter "as franxas de xestión limpas".

Ademais, asegurou que, dentro da súa responsabilidade na Administración, "xa no mes de decembro" a Xunta "sacou unha orde de silvicultura dirixida tanto a particulares como a montes veciñais en man común". Conforme lembrou, esta medida inclúe 11 millóns de euros para prevención ata o mes de xuño.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta