GC Aberto

Contrabandistas do voto

Non podemos votar aos corruptos, a non ser que xa esteamos corrompidos. En Fene, aqueles que aínda seguen confiando na democracia como expresión libre da vontade popular, para futuros comicios deben estar expectantes, para non volver a confiar o seu voto a quen non resultan ser dignos da súa recepción.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 22/10/2017

Comparte esta noticia

Rolda de prensa de Lobeira e do alcalde de Fene Juventino Trigo
Rolda de prensa de Lobeira e do alcalde de Fene Juventino Trigo | Fonte: BNG Ferrolterra

Fai agora tres anos  que o xulgado do contencioso administrativo de Santa Cruz de Tenerife anulaba unha moción de censura nun  Concello daquela Comunidade  por entender que en parte, os  promotores da mesma  incorrían en situación de transfuguismo; matizando na sentenza, que o Tribunal consideraba  tránsfugas a aqueles  concelleiros que  contradicían  os apoios que no seu día deron á constitución do goberno municipal e ao nomeamento do alcalde que logo foi obxecto da moción de censura.

motu proprio”É dicir,  que se mire por onde se queira, estamos  ante un exercicio de furtivismo institucional, pois mesmo acolléndonos ao criterio que sostén o Tribunal Constitucional ao afirmar que  « os representantes elixidos o son dos cidadáns e non dos partidos e que a permanencia no cargo non pode depender da vontade dos partidos, senón da expresada polos electores», aínda así, cando  o  divorcio entre realidade política e realidade xurídica, é máis que ostensible, hase de entender  que igualmente incorren en deserción ética, os representantes que vulneran  o vínculo de relación cos  seus electores, como resulta ser o caso; e por tanto, a súa lexitimidade para secundar unha Moción de Censura  está electoralmente  cuestionada  .

Protección, que anacrónicamente  outorga a estes   tránsfugas  vocacionais, a  indemnidad para pasarse de bando ou  traizoar aos seus electores  baixo prezo ou mercé; verosímil probabilidade, considerando a   frouxedade  moral dos seus membros  e a súa total ausencia de vocación de servizo público.

Refírome  aos   de Somos Fene, aquela candidatura cuxos  membros  ían rexenerar o ente  municipal, e que agora polo seu repelente transfuguismo ideolóxico resultan non ser de fiar.

Xusto o que aquí está a ocorrer coa artificiosa Moción de Censura, que secunda desde a “esquerda” municipal Somos Fene, quen desde  a prestidixitación  política,  utilizando métodos puramente gansteriles,  conseguiu  que o voto limpo e progresista  depositado no seu favor    polos electores, se transmutara nas  urnas   na emblemática gaivota do PP que agora eleva   o voo  cara á    alcaldía do Concello;  un indecente proceder  dos que van á política para lucrarse dela, nunha tentativa  máis que evidente de lograr  que a indecencia se apropie  da democracia  para así poder campar ás súas anchas.

“ipso facto”

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dematrio Ontoria

O artigo non está completo. Versión orixinal en https://galdo-fonte-xm.blogspot.com...