Oito mil sen fútbol

O Concello de Vigo pecha a bancada de Río para o Celta-Atleti por motivos de seguridade relacionados coa cuberta e o club asume que non pode reubicar os afeccionados con abono ou entrada ao estar completo o aforo. Indignación na afección celeste.

Por gcdeportes | Vigo | 21/10/2017 | Actualizada ás 00:20

Comparte esta noticia

Oito mil seareiros sen praza en Balaídos, oito mil afeccionados sen fútbol. O Concello de Vigo comunicou ao RC Celta que, para o partido de Liga contra o Atlético de Madrid deste domingo (16.15 horas), deberá pechar a bancada de Río no estadio municipal de Balaídos por “motivos de seguridade”.

O club celeste asegura ter coñecido a decisión este mesmo venres a última hora e, coas entradas xa esgotadas e o aforo completo, resultalle imposible reubicar a eses arredor de 8.000 afeccionados afectados pola decisión.

Os afeccionados non poderán acceder o domingo a bancada de Río.
Os afeccionados non poderán acceder o domingo a bancada de Río. | Fonte: lfp.es

“A última hora de esta tarde, el Ayuntamiento de Vigo le ha comunicado al RC Celta que, por motivos de seguridad relacionados con la cubierta, la Grada de Río, tanto Alto como Bajo, no se puede abrir al público, por lo que permanecerá cerrada para el partido de este domingo ante el Atlético de Madrid. El RC Celta, totalmente ajeno a esta decisión, lamenta los inconvenientes, trastornos y molestias que esta circunstancia les causa a abonados y aficionados que no podrán asistir al partido. Dado que no hay entradas a la venta y el aforo está completo es totalmente imposible afrontar la reubicación de los abonados. Las taquillas del estadio permanecerán por lo tanto cerradas este sábado”, foi o comunicado do club celeste.

As redes sociais enchéronse axiña coa indignación dos seareiros celestes, que reclaman a devolución dos cartos e unha indemnización, ao tempo que esixiron responsabilidades tanto ao RC Celta como ao Concello de Vigo. “Pago máis de 230 euros e non podo ir ver un partido?? Lamentable e xa me estades devolvendo os cartos!!”; “Esto es indignante!!! Siendo socio que me digan que no puedo ir a ver el partido de este domingo... mereciais quedar sin socios” ou “Estou esperando o comunicado sobre a devolución do diñeiro, ou ides pasar de nós ata que pidamos a folla de reclamacións?”, foron algunhas das mensaxes en twitter tralo anuncio da nova.

A orixe do problema hai que buscala nesta mesma semana. Trece barras dun total de tres mil soltáronse das esferas de suxección. Despois de baixar a estrutura que soportaba a malla central da cuberta de Río, comprobouse que as esferas teñen un defecto de fabricación e os enxeñeiros da obra aseguran que non se pode garantir a seguridade da bancada de Río para o encontro do domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Knight

Indignación? Igual prefiren ir ver o partido e que lles caia enriba...menuda banda de BORREGOS!