Temas: LUMES INCENDIOS

Indignación na familia e amigos do detido por un lume doméstico, incomunicado até hoxe

Familiares e achegados de Miguel Ángel Martínez Novoa acusan ao Ministerio Público e algúns medios de querer facer "escarnio público" para "esconder a incompetencia" das autoridades durante a xestión dos incendios. Denuncian que estivo "incomunicado coma se fose un terrorista" até este sábado, malia que a xuíza decretou prisión provisional comunicada e sen fianza. O detido é responsable dun pequeno lume por imprudencia na súa leira en Os Blancos (Ourense) que queimou unha hectárea.

Por Alberto Quian | Vigo | 21/10/2017 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A familia e amigos de Miguel Ángel Martínez Novoa están indignados pola súa detención e o "linchamento público" que está a sufrir este home de 55 anos e recoñecido ecoloxista, ao que se lle queimou por unha imprudencia a súa leira o pasado domingo, no límite de Xinzo de Limia con Os Blancos (Ourense), en plena onda de incendios, polo que o Ministerio Público o acusa dun presunto delito de incendio forestal de especial gravidade en relación aos artigos 352 e 353 que fan referencia ás condicións climatolóxicas. A indignación na súa contorna mestúrase coa raiba e impotencia que produce non ter ningunha nova del dende que foi arrestado. Malia que a xuíza de Xinzo lle impuxo prisión provisional comunicada e sen fianza, o certo é que Miguel Ángel estivo incomunicado até este sábado ao mediodía, cando a súa muller puido velo por primeira vez dende a súa detención. 

Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Manuel García, representante do Movemento Ecoloxista da Limia, e amigo de Miguel Ángel, ao que lle recoñece no sector unha ampla labor ecoloxista ao longo da súa vida, asegura que se está terxiversando todo e que a realidade é ben distinta á descrita nalgúns medios. Así, Manuel García asegura que Miguel Ángel está sendo "vítima dun escarnio público". "Expuxérono publicamente nos medios, ante os xornalistas, chorando. Daba pena", recrimina García lembrando a imaxe do detido, esposado, levado pola Garda Civil ante os xornalistas e cámaras para ser interrogado e exposto ante a opinión pública. Todo, por queimar apenas unha hectárea da súa leira por unha imprudencia, cando asaba uns chourizos, unha superficie insignificante fronte ás máis de 35.500 hectáreas arrasadas na onda de lumes que asolou Galicia e que, segundo a propia Xunta, foi intencionada.

Segundo Manuel García, "tiña que haber unha orde de arriba para que a cidadanía vese que se estaba a facer algo contra os incendios, e colleron un inocente para esconder a súa incompetencia", di o amigo do detido, quen tamén se laia de que "até que teña a oportunidade de defenderse nun xuízo, Miguel Ángel pode pasar meses en prisión".

O representante do Movemento Ecoloxista da Limia incluso acusa a medios como La Voz de Galicia de contribuír a este "escarnio público" e "manipular" ao cambiarlle o título dun libro de poemas que publicou o arrestado, Holocausto Limiao. O xornal coruñés publicou o seguinte este venres en relación a Miguel Ángel: "Martínez es autor de un libro sobre la riqueza medioambiental antelana. Irónicamente, uno de ellos se denomina Holocausto incendiario. También escribió textos de poesía dedicados al paisaje y a la riqueza ambiental limiana".

INCOMUNICADO E "TRATADO COMA UN TERRORISTA"

Malia que a xuíza de Xinzo ordeou prisión provisional comunicada e sen fianza para Miguel Ángel, o certo é que estivo incomunicado até o mediodía deste sábado, cando a súa muller, Maica, e os seus dous fillos, puideron velo e falar con el por vez primeira dende o seu arresto. A indignación entre a familia e os amigos é máxima polo tratamento que se lle deu. "Miguel Ángel está totalmente derrubado", comentan a GC tras a visita.

"Os amigos e a súa familia non puidemos falar con el dende o martes pola mañá, cando foi detido. Dende entón non soubemos nada del. É tratado coma un terrorista", denuncia Manuel García, quen asegura que Miguel Ángel se atopa "nunha depresión".

A VERSIÓN DO ACUSADO E DA SÚA CONTORNA

Segundo o representante do Movemento Ecoloxista da Limia, os acontecementos dende o domingo pasado foron os seguintes, moi distintos aos expostos polas autoridades e algúns medios de comunicación:

"Miguel Ángel ten unha leira de castiñeiros nos Blancos que plantou el mesmo e coidaba. O domingo pola mañá o ceo estaba anubrado e foi limpar a leira, a rozar... A media mañá asou un chourizo, esquezou, non sei por que, o perigo e, segundo conta o seu avogado, fixo unha pequena fogueira nunha zona da súa leira na que había arredor unha herba moi fina; de súpeto prendeu. El tentou apagalo, pero non puido. Cos nervos, caéronlle o móbil, as chaves do coche... E foi pedir axuda aos veciños. Chamaron entón aos bombeiros, que foron apagar o lume. Apenas ardeu a súa leira. Logo, chamou á súa muller e foi até alí un familiar. El, pola súa propia vontade, decidiu entón ir ao cuartel da Garda Civil pola tarde para explicar o sucedido, deixou alí o seu carné e marchou a Vigo para levar a súa filla a Santiago de Compostela, porque estuda alí un máster. O luns recibiu unha citación da Garda Civil de Vigo e foi voluntariamente até o cuartel. Nada máis chegar, foi detido por catro axentes. Non había orde xudicial, ou cando menos non lla ensinaron, polo que lles pediu explicacións. Non houbo resistencia, coma se di nalgúns medios; inmediatamente, tras pedirlles esas explicacións se lle botaron enriba, foi tirado ao chan e retorcéronlle os brazos. Miguel Ángel tivo que ser levado por isto ao hospital, onde estivo seis horas. Eles din que se puxo violento, pero eu sei que non é verdade; coñézoo moi ben e sei que el nunca, en ningunha situación, se pon violento; pode que estivese nervioso, pero non violento. O martes levárono a declarar a Xinzo e, segundo nos conta o seu avogado, alí foi tratado coma se xa estivese condenado, o fiscal berrándolle, tratándoo como a un criminal... A xuíza ditou prisión sen fianza e, en teoría, comunicada, pero non foi así, ninguén soubo del até este sábado, ninguén soubo en que situación se atopaba".

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 Un cidadán

A lei qué di? Prohibido prender lume. Ecoloxistas de salón pero que non ledes polo que vexo. Un empregado público de xustiza a tratamento. Eu creo que non é un pirómano pero foiselle a man e ten repercusións, non ten defensa por mías voltas que lle dades. Se ardeu pouco, xa se verá no xuizo a pena que lle impoñen. De momento incumpliu a lei e foi detido como outros polo mesmo motivo. O mellor vai o xuiz mareado para dictarlle sentencia.

7 Anton13.

Teño entendido que é amigo do lume desde fai anos iste non he o primer lume que prende. Prende lume en casas...!!!!

1 Anonymous

Teño entendido, teño entendido... Así funcionades algúns. A ver, don amante dos rumores. Os simplistas xa decidíchedes que é un pirómano, un terrorista. Claro que si, o home tiña gañas de queimar toda Galicia pero ao final, o pobre, só queimou unha hectárea das 35.500 que arderon, e ademais da súa propiedade, na súa leira. Así de simples sodes algúns, montando unha realidade absurda e ilóxica, propia de borregos tratados como simple masa por algúns medios e políticos. O home cometeu unha imprudencia; que pague multa e para casa. Ou é acaso un terrorista? Isto é unha mala broma que xente coma ti a ri.

2 Anton13.

Estas dicindo ou insinuando que somos borregos os paisanos de Rairiz de Veiga?? Os paisanos máis próximos do imputado. Os da ciudades pensades que sodes moi listos máis que os seus paisanos....!!

6 Haiqueroelo

Garzón, o maquinista, e Mangouras, o capitán, merecen senllas Medallas Castelao. Grazas a eles Galiza deixará de estar algún día gobernada polo noxento PP.

5 francisco/a toxo da finca

Cheirame a izquierda la unitaria... andaba asando chourizos, andaba facendo churrasco seica... NON ANDARIA "LIMPANDO" A FINCA DA MULLER, metendolle o lume e asasinando os toxos!!!! xa basta de tonterías, xa basta de merdocracia, eu son un toxo nacionacionalista si un picudiño da terra... o caldeiro co incendiario, o peresidio... que e onde debe estar o elemento iste! xa basta de tonterías, xa basta de mao feble... e non pido nin mais nin menos do que faria co presidente frijoles... co frijolito!!!!

1 Manolo_

Gonzalo, deixa de escribir paridas, e cando o sigas facendo, non digas que es nacionalista, o único que es é un puñetero pesado. Eu SI son nacionalista, e coñezo a Miguel dende hai anos, é unha excelente persoa. Agora imos lapidar a un home por unha imprudencia cunha barbacoa, estando ademais baixo tratamento por depresión....

4 Dalle que libras

Feijoo xa ten o seu cabeza de turco, como tivo ó conductor do Alvia