A revista Forbes recolle o desastre que os lumes provocaron nos viñedos de Albariño

Destaca que se queimaron viñas de Bodegas Marques de Vargas e Señoría de Rubiós e que hai danos en viñedos con uvas autóctonas de gran calidade. Con todo, apunta que 45 galegos morreron nesta vaga de lume, ao sumar tamén aos falecidos e Portugal.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/10/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

"O 15 de outubro, as lapas provocaron medo e terror a 30.0000 persoas que viven preto a fronteira con Portugal, e tamén ás bodegas da área de Vigo, a cidade con máis poboación de Galicia". A revista Forbes recolle nun artigo a virulencia dos lumes desta semana en Galicia e, especialmente, os efectos que terán na economía galega, principalmente, na vitivinícola.

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Así, apunta que se queimaron viñas de Bodegas Marques de Vargas e Señoría de Rubiós, no concello de As Neves, e que hai danos en viñedos con uvas autóctonas de gran calidade, como o Pedral e o Sousón. "Viñedos de Albariño e Treixadura tamén sucumbiron aos lumes", apunta.

"O dano en Señoría de Rubiós extendeuse tamén aos traballadores e aos pequenos adegueiros, danando as súas casas, animais e coches. Un voceiro díxolle a drinksbusiness que é moi cedo para saber os danos nos viñedos, pero suliñou que serán moi importantes", recolle Forbes.

Con todo, a información sinala que os 45 mortos que houbo na vaga de lumes de Galicia e do Norte de Portugal son galegos, cando no país galego só se produciron catro mortos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 expaña e a nosa ruina

Seguramente e certo tamen a revista Forbes recolle cal e a fortuna do ex-rei juanete primeiro o emeritano-campechano din que ten 1.800 millons de euros... (moito din de trafico de armas de comisión do petróleo que sacaba, non e Xtonto nin nada, e que mulleres... que mulleres...)