Os neonazis de Hogar Social estiveron nas Neves repartindo auga como "axuda humanitaria"

Voluntarios colléronlles as botellas e, amablemente, dixéronlles que "aquí xa non se necesitaban máis". Non tardaron moito en marchar.

Por Galicia Confidencial | Arbo | 21/10/2017 | Actualizada ás 22:39

Comparte esta noticia

Anunciaron que virían a Galicia esta fin de semana con "ayuda humanitaria" e, ao final, cumpriron a súa palabra. O que non dixeron era onde estarían, nin cando. Con todo, GC foi informada de que diversos integrantes de Hogar Social estiveron nas Neves, un dos concellos máis afectados pola vaga de lumes.

Os neonazis de Hogar Social paseando por rúas das Neves
Os neonazis de Hogar Social paseando por rúas das Neves

 

Segundo fontes consultadas, integrantes deste grupo neonazi, vestidos cun peto azul da organización Hogar Social, chegaron nunha furgoneta sobre as 18.00 horas. A súa "axuda humanitaria" foron botellas de auga.

Algúns voluntarios que estes días traballan día e noite para tentar normalizar a situación neste concello colléronlles a auga e, "amablemente", dixéronlles que "aquí xa non se necesitaba máis". De feito, a súa visita, non foi benvida, nin polos voluntarios, nin polo propio concello. Tras pasear pola vila, os neonacis montaron na furgoneta e marcharon. "A estes mellor telos lonxe", comentou unha voluntaria.

 

Polémica

Os neonazis de Hogar Social nas Neves
Os neonazis de Hogar Social nas Neves | Fonte: @leonssinha

 

Tras publicar GC que este grupo estaba disposto a vir a Galicia, foron moitos galegos os que, a través das redes sociais expresaron o seu rexeitamento a unha visita "non desexada". Algúns mesmo anunciaban "movida" se sabían onde ían estar. Finalmente, o grupo decidiu non dicir onde acudirían.

Hogar Social é coñecido en Madrid por ser un grupo neonazi e populista que presta axuda só a xente con ADN español, discriminando aos estranxeiros e avivando o discurso do odio contra estes.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Estrume

Non sei como podedes chamar racistas e neonazis ao HSM, se a sua lideresa é unha ecuatoriana adoptada. Informádevos mellor.

3 CIG mos manipulando

Menudo xeito fascista, partidista e interesado de tratar unha noticia. Rigor periodístico máximo deste GC que curiosamente sempre recaba opinións duha das partes, a mesma sempre, e logo din que os nacionalistas non manipulan....non manipulan pouco.

1 unmais

¿Queres deixar un comentario?E vostede das Neves?, ten outra versión do que pasou?. Se a ten digaa e senon cale a boquiña, que estamos fartos de criticas sen dar argumentos e dos que xustifican a uns nazis que nos tratan como se fosemos o terceiro mundo, agfortunadamente ainda nos sobra diñeiro para comer e comprar auga

2 anonimo9749

Orgullosos de ser antifascistas de toda la vida y todo eso, pero luego decidimos quién puede venir aquí y quién no.

1 ramon

Quen non respecta non é benvido, quen decide quen debe ou non debe comer debería estar na cade e non é benvido claro que non, amablemente díselle que marchen. Se non seriamos igual ca eles

1 Pondaliao

Metían tanto medo como pra non lles fotografar a cara a estes "axudantes humanitarios"?