A venda ambulante non se permitirá no Camiño

A Xunta alega que a medida é "por razóns de protección do patrimonio cultural".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2017 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A venda ambulante non se permitirá no Camiño de Santiago, salvo en tramos urbanos, tras a reforma normativa que impulsa o Goberno galego.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago | Fonte: Europa Press

Así figura na lei de acompañamento do proxecto de orzamentos da Xunta para 2018, onde o Executivo autonómico apunta que toma esta decisión "por razóns de protección do patrimonio cultural" nas rutas xacobeas.

No entanto, poderase realizar no marco de eventos autorizados como mercados, feiras, festas ou acontecementos populares, segundo recolle o texto da disposición.

Este cambio regulatorio chega despois de que varios concellos mostrasen a súa preocupación pola masificación de vendedores ambulantes no Camiño francés nos últimos meses, que alertaron do prexuízo que supón á calidade da ruta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta