Enfrontamentos verbais en Navantia Ferrol entre partidarios e contrarios á folga das auxiliares

Traballadores a prol da folga indefinida que mantén a CIG desde o pasado 5 de outubro e operarios contrarios a esta medida protagonizaron varios enfrontamentos verbais subidos de ton, sobre as 7,00 horas deste luns.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 23/10/2017 | Actualizada ás 09:46

Comparte esta noticia

Traballadores das empresas auxiliares de Navantia partidarios de continuar coa folga indefinida que mantén a CIG desde o pasado 5 de outubro e operarios contrarios a esta medida protagonizaron varios enfrontamentos verbais subidos de ton, sobre as 7,00 horas deste luns ante a porta principal da factoría en Ferrol, polo diferente parecer en como abordar este conflito laboral.

Protestas folga Navantia
Protestas folga Navantia | Fonte: Europa Press

Os partidarios do paro recriminaron aos seus compañeiros que os seus representantes sindicais non fixesen acto de presenza e que os enviasen directamente a eles para tratar de pasar sobre o piquete, que foi ademais o máis numeroso dos últimos días, formado por unhas 300 persoas.

Pola súa banda, os traballadores partidarios de acceder ao interior do estaleiro público recrimináronlles que o referendo realizado o pasado venres, día 20, aprobou por ampla maioría o final da folga e que por iso é necesario que acaten a decisión e lles permitan o acceso ao recinto industrial

Sobre as 7,30 horas os ánimos fóronse acougando cando moitos dos traballadores que querían entrar a traballar, en vista de que o acceso seguía cortado, decidiron abandonar o lugar e dirixirse ao redor de medio centenar deles, pertencentes a varias compañías, á Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón, situada na Avenida de Vigo, para presentar unha denuncia por non permitirlles entrar ao seu lugar de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Axustador mecánico

Nos vos enfrentedes. ¡¡ Onagros¡ Aprendede a pensar , expresar-vos con naturalidade para expoñer os problemas,,, e non sexades palimocas . Atrevedevos a resolver os vosos problemas , como obreiros, con os mesmos intereses ,,,SEDE OBREIROS ,,,,DEIXADE de ser MÉNDIGOS....Resolvede unidos os problemas comúns ...Xumentos...

1 Ains

E sobre todo, usade un tesauro para increpar, que axuda a coller conciencia de clase