Como ordenar as plantacións nos montes a través de drons

Unha ferramenta en liña para unha planificación forestal máis eficiente, gañadora de Greenweekend A Coruña.

Por GC Emprende | A Coruña | 23/10/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Smartwook, un proxecto de José Luís Gude,  consiste nunha ferramenta dixital baseada en sistemas de información xeográfica e datos recolleitos por drones que axuda a unha planificación forestal máis eficiente e sustentable. A súa foi a proposta gañadora do Greenweek celebrado na Coruña.

Smartwook, un proxecto de José Luís Gude, gañador da Greenweek
Smartwook, un proxecto de José Luís Gude, gañador da Greenweek

O segundo premio recibiuno Slow Forest, unha idea de Óscar Velázquez. A idea deste emprendedor busca a xeración e promoción de experiencias ao redor da produción de comida ecolóxica e artesanal en contornas naturais.

O terceiro premio foi por último para SIGAIA, proxecto ideado por José Senande. A iniciativa busca o control de plantas invasoras e a mellora da agricultura a través de novas tecnoloxías, tales como sistemas de información xeográfica, ademais do uso de drones.

Entre os finalistas atópanse 'O Nosso Gal', de Francisco Rei Vizoso, un proxecto que busca dinamizar as áreas rurais de Galicia pondo en contacto propietarios de aldeas abandonadas con persoas interesadas en trasladarse a vivir ao mundo rural. Tamén 'H2galm', do emprendedor José Manuel Vale, idea para a produción de hidróxeno e o seu uso no transporte público das cidades a través do aproveitamento de biomasa forestal infrautilizada. Por último, foi tamén finalista 'Parpaq', de Siro González, que busca facilitar o aparcadoiro en prazas de carga e descarga a través de sensores e en tempo real, conseguindo optimizar a loxística nas cidades.

A Greenweek

Greenweekend é un encontro que se desenvolveu ata o momento 20 edicións en diferentes cidades españolas ás que asistiron máis de 700 participantes, entre emprendedores, profesionais e empresarios do sector en busca de talento. Nestes eventos lanzáronse máis de 70 novos proxectos ambientais que impactan positivamente na contorna en que se desenvolven. Enviroo ten previsto desenvolver novas edicións do evento noutras cidades, que poden consultarse en greenweekend.org

A Coruña acolleu este fin de semana a súa segunda edición de Greenweekend, un encontro para emprendedores do sector ambiental impulsado pola Consellería de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña e patrocinada por Fundación Aquae, Mapfre e Bankinter. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta