Temas: CATALUñA CRTVG

O Comité da CRTVG considera que a aplicación do 155 en TV3 supón un “ataque directo” á liberdade de expresión

Destaca que supón “unha intolerable intervención totalitaria” que cuestiona a profesionalidade das traballadoras e traballadores de TV3 e Catalunya Rádio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/10/2017 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da Corporación de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) comparte os criterios dos consellos profesionais dos medios públicos de Catalunya e do comité de empresa de TV3, que consideran que a aplicación do 155 supón un “ataque directo, indigno e impúdico á liberdade de expresión, de información e de prensa”.

Chapa co lema 'Eu non manipulo'
Chapa co lema 'Eu non manipulo'

Así, manifesta publicamente a súa solidariedade coas compañeiras e compañeiros da Corporación Catalana de Mitjans Audiovisuals (CCMA), TV3 e Catalunya Ràdio, que veñen de expoñer o seu rexeitamento á toma de control por parte do Goberno do estado dos medios de comunicación públicos cataláns coa aplicación do artigo 155 da Constitución española. 

“Os medios públicos cataláns son ademais unha garantía de respecto á diversidade cultural e lingüística, valores e dereitos fundamentais que con esta intervención estatal vanse ver seriamente ameazados”, indica a representación dos traballadores nun comunicado. 

Deste xeito, destaca que a toma de control da CCMA e da Agència Catalana de Noticies aprobada pola Consello de Ministros supón “unha intolerable intervención totalitaria” que cuestiona a profesionalidade das traballadoras e traballadores de TV3 e Catalunya Rádio, e non garante, como se afirma para argumentar esta inxerencia antidemocrática, “o dereito a unha información veraz e plural, como demostra a manipulación informativa sistemáticamente denunciada noutros medios de comunicación públicos controlados polos gobernos do Partido Popular”.

Temas: CATALUñA CRTVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Uxía García

Qué cachondos. TV3, muestra de diversidad cultural e lingüistica, toma ya. Ojalá cierren cuanto antes TV3 y la Telegaita. Si Pujol y Pontona quieren verla, que la paguen ellos. Dinero no les falta

1 Uxío

Encántame o teu comentario. Rebordas ignorancia e resentimento a partes iguais. Deberes: Reconciliarte contigo.

1 anonimo

Por certo, mentres puidamos, debemos lembrar... https://twitter.com/maxpradera/stat...