Cursos de especialización en marketing

ESIDE inicia os seus dous mestrados especializados en marketing, que se imparten en colaboración con ESIC. O Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial cursarase no Campus de Vigo e o Mestrado en Marketing Dixital, no Campus da Coruña.

Por GC Emprende | Vigo | 23/10/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) e ESIC Business & Marketing School inician a súa programación educativa conxunta froito do acordo de colaboración que ambas as dúas entidades formalizaron o pasado mes de marzo. Grazas a esta colaboración é posible cursar en Galicia o Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial, impartido no Campus de Vigo de IESIDE e o Mestrado en Marketing Dixital, no Campus da Coruña de IESIDE, dúas das titulacións máis demandadas e recoñecidas de ESIC.  

Técnicas para o coñecemento do marketing
Técnicas para o coñecemento do marketing | Fonte: sinsamarketing.com

O curso académico destes dous mestrados comezará o vindeiro 27 de outubro en modalidade presencial con clases os venres en horario de tarde e os sábados pola mañá.

MESTRADO EN DIRECCIÓN DE MARKETING E XESTIÓN COMERCIAL 

O Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial, con case trinta anos de historia e máis de 13 000 antigos alumnos, é o mestrado de referencia para asumir funcións directivas no ámbito do marketing, a organización comercial e os negocios. Cunha revisión anual dos seus contidos, a diferenciación deste programa fronte a outros é o seu grao de adaptación ás últimas necesidades do mercado e o seu enfoque dixital.

Deste xeito os estudantes aprenderán a situar a figura do cliente como eixo fundamental da estratexia e da actividade de marketing e vendas, a través de coñecementos sólidos e a súa aplicación práctica, achegando unha visión integrada das funcións de marketing e vendas dentro da empresa, nun contexto cada vez máis dixitalizado. Conseguirán, así, formarse na dirección de marketing para liderar a transformación das empresas, cunha visión creativa que lles permita liderar a contorna cunha mentalidade innovadora. 

MESTRADO EN MARKETING DIXITAL 

O Mestrado en Marketing Dixital amosa aos seus estudantes as oportunidades dunha revolución imparable: as posibilidades de segmentación na contorna dixital, de comunicación bidireccional, a medición de resultados ou o acceso a un mercado global. 

Estruturado en seis módulos, permite dominar as disciplinas máis avanzadas e efectivas en marketing, comunicación, publicidade e venda online. Todo o mundo do marketing dixital nun só mestrado baseado nunha metodoloxía de aprendizaxe práctica, con casos reais e liderada por expertos dixitais en activo. Ao final do mesmo os estudantes obterán todos os coñecementos necesarios para potenciar dixitalmente un negocio e darlle un novo xiro ás súas carreiras profesionais. 

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) nace en 2016 por iniciativa de ABANCA e Afundación, avalado polos 30 anos de experiencia da súa Escola de Negocios, para potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade. Orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia, IESIDE constitúese como servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta universitaria actual.

IESIDE conta con 168 profesionais, titulares, asociados e colaboradores, cunha dilatada experiencia docente e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional. Un 85 % dos seus 3500 estudantes anuais atopa traballo en menos dun ano. Cunha formación de primeiro nivel internacional a través de acordos con institucións de prestixio en todo o mundo, ofrece unha educación de elite, pero non para as elites, ao facilitar un importante programa de bolsas. A súa actividade desenvólvese en tres campus na Coruña, Vigo e Pontevedra, e catro unidades satélites en Ferrol, Santiago, Lugo e Ourense, ademais de contar cunha residencia universitaria.

Tags: VIGO A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta