Temas: AUGA

A auga, elemento de innovación en Galicia

O Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga foi recoñecido polo Ministerio de Economía como Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica.

Por GC Emprende | Compostela | 24/10/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Unidade Mixta CIGAT (Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga) acaba de ser recoñecida tras tempo enfocada precisamente ao desenvolvemento e a posta en mercado de tecnoloxías que contribúan á mellora e valorización dos recursos naturais. Este centro, adicado á innovación en materia de auga, foi recoñecido polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España como Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica.

Instalacións do Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga  (CIGAT)
Instalacións do Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga (CIGAT)

Convértese, así, no primeiro Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica a nivel español dos doce existentes dedicado en exclusiva á auga e o medioambiente.  Formada pola empresa Viaqua e o centro tecnolóxico Cetaqua Galicia, e constituída grazas ao apoio da Consellería de Economía, a Unidade Mixta CIGAT  posiciona a Galicia neste ámbito grazas a este recoñecemento.

A finalidade esperada dun Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica é a de facilitar a aplicación do coñecemento xerado.  Desde a súa creación no ano 2011 por parte da empresa Viaqua, o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de Santiago de Compostela, Cetaqua Galicia vén desempeñando a función de catalizar a chegada ao mercado deste coñecemento, co-desenvolvendo e validando solucións para a súa comercialización grazas ao potencial de internacionalización do grupo SUEZ. 

A presentación desta acreditación tivo lugar este luns no Edificio Emprendia, do Campus Vida de Santiago de Compostela. O acto estivo presidido por D. Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e contou coa participación de D. Alberto Sánchez (Xerente de Cetaqua Galicia), D. Manuel Cermerón (CEO Suez Advanced Solutions España), D. Xullo Masid (Director de Viaqua) e D. Roberto Rodríguez (Director Augas de Galicia).

Entrega do recoñecemento aos integrantes de CIGAT, co conselleiro de Economía
Entrega do recoñecemento aos integrantes de CIGAT, co conselleiro de Economía | Fonte: CIGAT
Temas: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta