Fala Ceibe pide a implicación da Xunta e partidos políticos galegos para protexer o galego no Bierzo

Reivindica máis presenza do idioma en institucións e medios de comunicación e que se recoñeza a súa cooficialidade.

Por Galicia Confidencial | As Neves | 24/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O colectivo Fala Ceibe pide reforzos ás institucións e partidos políticos de Galicia para protexer o uso da lingua galega na comarca do Bierzo e insiste en que se recoñeza a súa cooficialidade nesta comarca no estatuto de Castela e León.

Unha profesora durante unha clase de galego no Bierzo
Unha profesora durante unha clase de galego no Bierzo

Para iso, elaborou unha listaxe de iniciativas que remitirán ás entidades e formacións políticas galegas na que xustifican a necesidade de amparar o ensino e utilización do idioma no Bierzo, un territorio que históricamente estivo vinculado con Galicia. Entre a batería de peticións, atópase a implantación da lingua galega a nivel administrativo nas institucións bercianas como o Consello Comarcal, os concellos ou as xuntas veciñais, paralelamente ao castelán.

Para este fin, Fala Ceibe propón que se recoñeza a cooficialidade do galego no Bierzo no estatuto de Autonomía de Castela e León. Tamén a creación do un servizo lingüístico comarcal co fin de promocionar o galego nas administracións locais que inclúa documentación bilingüe, tradución ou rotulación, por exemplo. 

Cursos de galego para funcionarios

Ademais, reclaman ofertar de cursos de galego para os empregados públicos do Bierzo e a presenza do galego nas páxinas web institucionais. En materia educativa a petición pasa por progresar na execución do galego nos centros escolares do Bierzo con materias voluntarias de galego nos centros escolares de Veiga de Valcarce ou Carracedelo, por exemplo, para garantir a libre elección desta lingua polo seu alumnado.

Campaña a favor do estudo do galego no Bierzo
Campaña a favor do estudo do galego no Bierzo | Fonte: bierzoceibe.blogspot.com

Tamén propoñen iniciar estudos conxuntos sobre o dereito consuetudinario histórico investigando a organización política e social para elaborar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia ou, Xunta de Castela e León, Consello Comarcal do Bierzo e universidades para fixar os medios persoais, materiais e económicos para recoller a toponimia tradicional e elaborar un mapa de toponimia. 

Promoción turística conxunta

Por outra banda, recollen medidas vinculadas ao turismo, propondo a edición de folletos turísticos bilingües sobre os espazos naturais veciños como o son os Ancares, as serras de Lastra e O Courel, as explotacións auríferas do río Sil ou o Camiño de Santiago. Do mesmo xeito suxiren a sinalización en lingua galega das rutas dos espazos naturais veciños entre Galicia e O Bierzo e promoción turística conxunta, entre ambos os territorios nas feiras sectoriais turísticas. 

Ao colectivo Fala Ceibe parécelle tamén moi importante que os medios de comunicación do Bierzo comecen a publicación de contidos en lingua galega e anima á Xunta de Galicia a utilizar publicidade institucional nos medios de comunicación bercianos en campañas como Turgalicia, Xacobeo ou o fomento da lectura en galego.

Tags: GALEGO BIERZO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 anonimo8625

Bercianos, andad con ojo: es un caballo de Troya. Si los nacionalistas catalanes tienen el proyecto de expandirse por lo que ellos llaman 'Paisos Catalans', los nacionalistas gallegos dicen - por ahora sólo en privado - que el Bierzo es la quinta provincia gallega.

2 Fartodalingua

Lo del carácter voluntario me gusta. Así tendría que ser también en Galicia. Pero, atención bercianos, los del BNG, Mareas y hasta el PSdeG, no lo permiten y obligan al uso del gallego en determinados ámbitos o imponen su única presencia en otros. Así que id con cuidado porque si les dejáis meter el hocico en vuestra región, pronto pedirán que sea obligatorio estudiar en gallego según qué cosas y quien no lo comparta: fascista y cosas parecidas.

1 Hartito

También tendría que ser voluntaria las clases en castellano y así habría verdadera libertad y no como imponen el pp y los suyos que se aprenda el castellano por narices la libertad para todos o para nadie

2 Fartodalingua

por mí no hay problema. Es lo que llevo diciendo hace años. Libertad de elección de lengua vehicular en la enseñanza, sinaléctica en ambos idiomas oficiales, etc..pero los que dije arriba siguen sin estar de acuerdo y sólo quieren el jallejo por decreto. Inmersión obligatoria y punto. Si eres del Bierzo, tenlo en cuenta. A la mínima os la clavan por donde más duele. algo que por otra parte les encanta.

3 Pissed off

Moi ben.Eu particularmente iría a máis. Eliminemos dunha vez a obrigatoriedade de falar ou entender o castelán en todos os territorios do Estado Español. Eu eliminaría todos os idiomas oficiais de todos os Estados. Que cada un aprenda e fale o que lle pete en todo o mundo, pero eu faría unha recomendación útil: Falemos en inglés ou en chinés, que son as linguas verdadeiramente "prácticas" e "cool".

4 Pissed off

A obrigatoriedade de coñecer ou protexer os idiomas xerados e falados polas xentes dunha comunidade, inda que recollida como dereito nas Nacións Unidas, é un anacronismo nun mundo globalizado. O castelán por outra banda é unha lingua que o mundo académico internacional ou as empresas globais non teñen en conta. De feito no mundo académico ténse comparado ó suahili.

5 Pissed off

Eu quero ser educada COMPLETAMENTE EN INGLÉS NUNHA ESCOLA PAGADA POR TODOS NO ESTADO ESPAÑOL. Pero os do "español" dálle coa lingua de Cervantes,os de Galicia bilingüe con que queren estudar en Galicia "español", os da RAE a "españolizar" estranxeirismos...Na Universidade non tiven nin unha clase en Inglés. Nas escolas "Plurilingües", o inglés só en ximnasia en Arts and Crafts.

1 Olee

Que cachondos Feijóo no defiende el gallego en Galicia lo va a defender en el Bierzo amos anda

1 Xeila García

O gallego tamen e unha lingua importante e a máis bonita , non se ten por que quitar algo que é noso e que costou que quedara . E as jeadas e o seseo e o máis bonito VIVAMOS E FALEMOS COMO GALEGOS