Temas: VIñO COMERCIO

Comitiva holandesa visita a D.O. Ribeira Sacra para estreitar lazos comerciais

A visita favorecerá a comercialización e axudará a afianzar os viños no mercado dos Países Baixos.

Por X.M. Fernández | Monforte | 24/10/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibe hoxe e mañá un grupo de 16 prescriptores formado por distribuidores, importadores, escritores, catadores e restauradores procedentes de Holanda.

Aba da Ribeira Sacra en Doade. Fonte: Consello Regulador RS
Aba da Ribeira Sacra en Doade. Fonte: Consello Regulador RS

Na súa visita coñecerán adegas e viñedos da Denominación de Orixe coa finalidade de introducir máis referencias de Ribeira Sacra no mercado holandés e do norte de Europa.

Mañá mércores 25 a partir do mediodía, realizarán unha cata na sede do Consello Regulador, onde poderá coñecer 44 referencias diferentes de viños tintos e brancos de 24 adegas

Con esta visita abriranse novas posibilidades comerciais para as adegas e afianzarase a presenza dos viños da Ribeira Sacra no mercado holandés no  que xa se coñecen algúns viños acollidos á denominación.

Temas: VIñO COMERCIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta