Innovación e talento social, os obxectivos da Aquae Talent Hub

O 8 de novembro a capital galega acolle este evento, que se compón dun obradoiro e unha master class. Santiago Roncagliolo e Irene Lapunte serán os convidados.

Por GC Emprende | Compostela | 25/10/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela preparase para acoller o 8 de novembro a segunda edición de Aquae Talent Hub, un espazo de debate e reflexión en torno á innovación e o emprendemento que recorre a xeografía española cun estimulante formato: unha xornada de traballo composta por unha master class e un obradoiro. Santiago de Compostela xa acolleu unha exitosa primeira edición deste evento o pasado mes de maio, á que asistiron máis de 400 persoas.

Segunda edición do Aquae Talent Hub en Compostela
Segunda edición do Aquae Talent Hub en Compostela

A master class versará sobre emprendemento e innovación comunicativa e solidaria da man do escritor, xornalista, guionista e traductor Santiago Roncagliolo. Licenciado en Lingüística e Literatura, Santiago é un experto en innovación solidaria. As súas obras, nas que están moi presentes os recordos da súa infancia en un Perú gobernado baixo mandato militar, valéronlle o recoñecemento de público e crítica internacional. 

No 2006 convertiuse no gañador máis xoven do Premio Alfaguara de Novela con ‘Abril Rojo’, obra incluída na lista dos 15 finalistas do Premio Independent Foreign Fiction, un dos galardóns máis prestigxiosos das letras británicas. A revista literaria Granta  seleccionouno entre os mellores escritores da súa xeneración e The Wall Street Journal  calificouno como ‘un dos próximos García Márquez’. 

En 2005, invitado pola Fundación Aquae, Santiago viaxou cun equipo de UNICEF polos ríos da selva peruana para coñecer de preto cómo é vivir sen aauga e sen saneamento. En América Latina, uns 35 millóns de persoas carecen de auga potable (no mundo xa son 663 millóns de persoas) e 106 millóns non contan con saneamento axeitado. Esta experiencia na Amazonía peruana marcoulle tanto que decidiu plasmarla nun extenso reportaxe no diario El País (‘El orgullo de Bena Gema’). 

Como xerar ideas diferentes

Pola súa parte, o obradoiro de Aquae Talent Hub permitirá explorar o proceso creativo e cómo xenerar novas ideas dunha forma diferente e estará liderado por Irene Lapuente, física de formación e experta en Comunicación e Pedagoxía (as súass áreas de expertise son o método científico, o design thinking e os procesos creativos) e cofundadora de La Mandarina de Newton, empresa que une ciencia e tecnoloxía para fomentar a creatividade. 

Aquae Talent Hub é unha plataforma de impulso a novas ideas; un lugar de encontro donde compartir coñecemento e potenciar o talento; un espazo de reflexión e divulgación sobre emprendemento e innovación. Ata a data, máis de 2.400 persoas gozaron desta experiencia en Elche, Murcia, Málaga, Sevilla, Huelva, Granada e Santiago de Compostela.

O obxectivo que persegue Fundación Aquae, promotora da iniciativa xunto con Viaqua e a universidade compostelana, é xenerar o interese polo emprendemento e os proxectos dos emprendedores, así como aportar visibilidade a iniciativas sociais que teñan unha forte vinculación co medio ambiente, a cultura, a cooperación e o emprendemento social.

Más información: http://www.fundacionaquae.org/proyectos/aquae-talent-hub-2017-eventos/

Tags: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta