Mofa & Befa levan humor e filosofía a Pontevedra

O dúo presentará Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira este xoves 2 de novembro ás 20.30 horas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 25/10/2017 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

O dúo teatral Mofa & Befa volve á escena este xoves cun espectáculo no que se introducen no mundo da filosofía para reflexionar sobre as diferentes maneiras de pensar que existen.Segundo a súa filosofía, está a maneira correcta de pensar e despois a maneira perralleira, que non por ser incorrecta é menos válida. 

Mofa e Befa en Bobas @ Galegas Mofa e Befa en Bobas @ Galegas
Mofa e Befa en Bobas @ Galegas Mofa e Befa en Bobas @ Galegas

“Pensamos correctamente cando deducimos que a Terra vira ao redor do sol, pero pensamos de forma perralleira cando culpamos de todo ao Goberno. E ese é o problema. A realidade non é fácil e necesita cranios privilexiados que saiban captar a esencia de cada cousa e explicala claramente”, apunta o dúo. E eses cranios privilexiados son, precisamente, Mofa & Befa.

Quen queira poderá disfrutar deste espectáculo este xoves a partir das 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) coa súa produción Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira.  As entradas para asistir a esta representación, incluída na Tempada de Teatro de Afundación, están dispoñibles na web Ataquilla.com para todo aquel que non adquirise un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta