Ocupan a sede do Sergas en Vigo

Representantes sindicais do persoal da sanidade de Vigo protestan pola situación da sanidade pública e a súa privatización.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/10/2017 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

Representantes sindicais do persoal da sanidade de vigo ocuparon na mañán deste mércores o edificio administrativo do Sergas en Vigo en reivindicación da recuperación de dereitos no sector.

Ocupación do edificio do Sergas en Vigo por representantes sindicais
Ocupación do edificio do Sergas en Vigo por representantes sindicais | Fonte: CIG

Denuncian a privatización deste servizo público esencial, que se viu recortado nos últimos anos, e critican a situación da sanidade pública galega e a dos seus traballadores. Por iso, despregaron polas fiestras do inmobre unha gran pancarta co lema "folga".

Segundo informa a CIG nun comunicado, o grupo que se pechou no edificio manterá unha xuntanza con recursos humanos do Sergas polo que permanecerán aída un tempo no interior do inmoble.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta