Seguen os incendios: estabilizado un que queimou máis de 20 hectáreas en Viana do Bolo

O lume declarouse ás 13,05 horas deste mércores na parroquia de San Mamede.

Por E.P. | OURENSE | 25/10/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado este mércores na parroquia de San Mameda no municipio ourensán de Viana do Bolo permanece estabilizado tras queimar máis de 20 hectáreas de superficie. Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural sobre incendios de máis de 20 hectáreas en Galicia, este lume declarouse ás 13,05 horas deste mércores na parroquia de San Mamede.

Fume dun lume en Viana do Bolo
Fume dun lume en Viana do Bolo | Fonte: @Batallont15

Entre os medios mobilizados inclúense cinco axentes forestais, 13 brigadas, sete motobombas, dúas pas, sete helicópteros e un avión, concretou o departamento de Medio Rural.

Este incendio forestal en Viana do Bolo rexístrase nunha xornada cun novo aumento das temperaturas, tempo seco que se manterá nos próximos días.

Os efectivos de loita contra o lume lograron sufocar o martes o incendio forestal que afectaba o municipio de Cervantes (Lugo), o último que quedaba por extinguir da vaga de incendios que afectou a Galicia nas últimas semanas e que permanecía activo desde hai máis de 10 días.

Ademais, este novo incendio na provincia de Ourense rexístrase na xornada na que a Xunta volveu aprorrogar ata o día 12 de novembro o dispositivo antiincendios xa prorrogado con anterioridade para evitar novos lumes, ante a previsión de que nos próximos días haberá tempo seco e sen choivas, segundo informou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta