Celta, pase encarrilado

O equipo celeste, con ata sete trocos no once, imponse 1-2 ao Eibar con goles de Cabral e Guidetti na ida dos 1/16 de final da Copa do Rei. A volta xogarase o 29 de novembro en Balaídos. O domingo, visita ao Málaga en Liga.

Por gcdeportes | Vigo | 26/10/2017 | Actualizada ás 00:49

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
SD Eibar 1:
Asier Riesgo; Sarriegi, Paulo Oliveira, David Lombán, Gálvez (Arbilla, 63’), Juncá; Rubén Peña, Joan Jordán (Inui, 72’), Rivera, Bebé (Kike García, 82’) e Sergi Enrich.
RC Celta 2: Sergio Álvarez; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Jozabed (Daniel Wass, 63’), Brais Méndez (Tucu Hernández, 72’); Emre Mor, Andrew Hjulsager e John Guidetti (Maxi Gómez, 78’).
Goles: 0-1: Cabral (minuto 3). 1-1: Sergi Enrich (17’). 1-2: Guidetti (43’).
Árbitro: Undiano Mallenco. Amarelas a Oliveira, Lombán e Sarriegi no Eibar.
Incidencias: partido de ida dos 1/16 de final da Copa do Rey disputado no Estadio municipal de Ipurua ante 3.432 espectadores. O Eibar destinará a recadación do encontro aos afectados pola vaga de lumes en Galicia.

Fontas pelexa pola posición con Sergi Enrich.
Fontas pelexa pola posición con Sergi Enrich. | Fonte: @SDEibar

Vitoria, dous tantos fóra da casa e eliminatoria case sentenciada para Balaídos. O Celta venceu o Eibar 1-2 con goles de Cabral e Guidetti no primeiro tempo e tras defender a vantaxe nun segundo tempo no que apenas se achegou á meta rival. A volta será o vindeiro 29 de novembro. 

Sete trocos no Celta con respecto ao equipo que se enfrontou o Atleti en Balaídos. Repetiron Sergio Álvarez e Hugo Mallo, Cabral e Jonny na defensa. Xogaron Radoja, Jozabed e o canteirán Brais Ménndez no medio, e Emre Mor, Andrew Hjulsager e Guidetti por diante. O partido púxose de cara para o Celta xa antes do minuto 5, a balón parado: Cabral, libre de marcaxe, marcou coa testa o 0-1. Na primeira chegada do Eibar, Sergi Enrich aproveitou un centro dende a esquerda para empatar o partido no minuto 17. Tras minutos de dominio alterno pero sen opción claras, Guidetti aproveitou outro erro na marcaxe para adiantar o Celta pouco antes do descanso: 1-2.

Trala reanudación, o Eibar buscou o empate con máis corazón que ideas, mentres que o Celta limitouse a deixar pasar os minutos, ordenado atrás, sen necesidade de arriscar. Daniel Wass entrou por Jozabed e Tucu Hernández por Brais Méndez, mentres que no Eibar, a entrada de Inui e Kike García, deulle novos folgos. O equipo local presionou nos últimos minutos, con chegadas por bandas e centros á área, pero os de Juan Carlos Unzué estiveron serios en defensa e mantiveron a vantaxe mínima para Balaídos: 1-2. Haberá que agardar un mes para sentenciar a eliminatoria. O domingo (20.45 horas), cita en Málaga na 10ª xornada de Liga.

Emre Mor felicita a John Guidetti polo seu gol.
Emre Mor felicita a John Guidetti polo seu gol. | Fonte: @RCCelta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta