Temas: PARO EMPREGO

O número de fogares galegos con todos os seus membros en paro descende en 6.800, ata 61.700

Os fogares nos que todos os seus membros están ocupados elévanse en 13.500 (+2,4%) no último trimestre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2017 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O número de fogares galegos con todos os seus membros activos en paro cae no terceiro trimestre en 6.800 unidades (-9,9%), ata un total de 61.700 fronte aos tres meses anteriores.

Paro.
Paro.

Así figura na Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este xoves, na que se recolle que hai unha diminución da 14,4% fronte ao terceiro trimestre de 2016.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros son ocupados elévanse en 13.500 unidades (+2,4%) fronte ao trismestre anterior ata un total de 584.200, segundo a EPA.

En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 14.100 fogares máis nesa situación, o que supón unha suba do 2,5% en termos relativos.

Temas: PARO EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta