Feijóo carga contra os alcaldes que critican falta de medios nos lumes pero “non pediron brigadas” da Xunta

Asegura que nos orzamentos de 2018 hai dez millóns de euros máis que nos do 2017 para prevención e extinción dos lumes e que non se conxelaron as partidas. "O lume nunca foi un problema orzamentario e senón é suficiente pois ampliaranse os créditos", apunta.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo no centro da diana este xoves a “algúns alcaldes” que criticaron a falta de medios para facer fronte a vaga de lumes da pasada semana e que, non obstante, “rexeitaron as axudas para a contratación de brigadas que dá a Xunta”. “Todos sabemos que concellos non quixeron as brigadas municipais, pero que expliquen eles por que non as quixeron”, dixo en alusión a rexedores, sobre todo, da zona metropolitana de Vigo, como os de Gondomar ou Nigrán. 

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo

“Non quixeron brigadas para a extinción, nin tampouco para o desbroce”, insistiu na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta tras ser preguntado polas queixas dos traballadores do GES sobre a falta de medios e a descoordinación dos lumes no Val Miñor. “A Xunta financia os GES pero algúns concellos non queren recibir axuda da Xunta para loitar contra os lumes”, indicou. 

Partidas para o 2018

Por outra banda, o presidente galego desmentiu que as partidas para a loita e prevención contra os lumes estean conxeladas, tal e como recollen os orzamentos do 2018 e denunciou En Marea. “O incremento é de dez millóns en prevención e extinción”, dixo. “En total son 180 millóns, fronte aos 170 millóns de 2017”, manifestou. 

Por iso, e tras a publicación por parte de GC de que se conxelan estas partidas, Feijóo insistiu en que iso “non é certo” e, en todo caso, resaltou que ese diñeiro depende de que os concellos pidan axuda para a contratación de brigadas municipais. “E hai concellos que non as piden e eles saberán por que”,  indicou.

Con todo, e a pesar das súas afirmacións, o certo é que a partida 551B dos Orzamentos de 2018, destinada a Accións preventivas e infraestrutura forestal, está dotada coa mesma cantidade que contaba en 2017, 16.685.000 millóns de euros. Nesta partida están incluídos os convenios cos concellos en materia de defensa contraincendios forestais. 

Esta partida ofrece ademais unha particularidade, está dividida en dúas partes, a primeira destinada propiamente a concellos e a segunda a accións preventivas aos danos causados nos incendios. O montante destinado aos convencios cos concellos baixa un millón de euros con respecto a 2017 mentres que a outra sobe un millón. Tamén se conxelan as partidas do capítulo destinado aos gastos de personal de Seaga, ofrecendo a mesma cifra que xa tiña no anterior orzamento, 6.107.553.

“O lume non é un problema orzamentario”

En relación a esta cuestión, Feijóo insistiu que “o lume nunca foi un problema orzamentario” e “que senón é suficiente pois ampliaranse os créditos”. Precisamente, a Xunta volveu incidir este xoves no seu decreto de axudas tras a vaga de lumes para o que destinará entre 21 e 22 millóns de euros desbloqueados dos orzamentos de 2017.  Detes, 11 serán para axudas directas a cidadáns e concellos e o resto para que a Xunta actúe en materia de reforestación e rexeneración de solos.  De feito, 1,1 millóns xa foron destinados de urxencia para comezar as labores de restauración das zonas de alto valor ecolóxico queimadas nos parques do Courel, os Ancares e a Baixa Limia-Xurés. 

Ademais, a Xunta prevé destinar nove millóns de euros o vindeiro ano en tarefas de reforestación e rexeneracjión dos solos; 7,5 millóns de Medio rural e 1,1 de Medio Ambiente. “Ademais estamos agardando ao decreto de axudas do Goberno central para facer unha estimación máis real”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 pax

Que esperas de un sitio como agade en el que anulan horas trabajadas sin ninguna resolución solo por que soy yerno de doña Manolita Besteiro.?

2 Tonecho

Non sei a quen te dirixes cando falas. Non sei si aos vellos, aos ignorantes ou aos emigrados. Cando eu nacín, na provincia de onde son, había moitos máis habitantes que agora. Non sei para qué serviu a autonomía. Sempre chegades tarde e mal a "historia". Sempre ides a rente dos demais. Nunca facedes nada no que haxa que cambiar usos agrícolas ou industriais ou outras cousas dende aquí. Nada. Só facedes o que vos mandan dende fora. Sodes un freno para o desenvolvemento do país.

1 toxo encabuxado

CINICO!!!! o que eu dixen a culpa era dos alcaldes e dos portugueses... señores aquí hai mais de 35 mil hectáreas queimadas a UNTADA DA MALICIA esta ocultando dados de todolos luMes forestais, o partido putrefacto e moi sinvergonza e moi ladron, eles son os que utilizan os luMes co fins políticos... MISERABLE!!! - anda e vai cos teus colegas narcos no iate e marcha o triangula das bermudas!!!