Temas: AUGA SECA VIGO

Vigo activa a fase de alerta do Plan de Emerxencia por Seca e garante auga para 104 días

O Concello pedirá aforro de auga tamén a municipios da contorna tras constatar que a auga embalsada actualmente nos encoros de Eiras e Zamáns garante a subministración para uns cen días.

Por E.P. | VIGO | 26/10/2017 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O Concello de Vigo activou o Plan de Emerxencia Municipal para situación de Seca após constatar que a auga embalsada actualmente nos encoros de Eiras e Zamáns garante a subministración para uns cen días, e adoptará medidas de aforro de auga, que pedirá tamén a municipios da contorna que se abastecen destes encoros.

Espazo natural da Freixa, en Ponteareas, onde o concello actuou para evitar o corte de subministro de auga ante a seca
Espazo natural da Freixa, en Ponteareas, onde o concello actuou para evitar o corte de subministro de auga ante a seca | Fonte: Concello de Ponteareas

Así o confirmou este xoves o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que, nesta fase de alerta, tal e como recolle o plan municipal, tomaranse medidas como supresión de regas, baldeos, purgas na rede, recomendarase non encher piscinas, e informarase á poboación "non só para que faga un consumo responsable, senón para que haxa un aforro real de auga".

O rexedor olívico explicou tamén que enviará cartas aos alcaldes dos municipios da contorna que se abastecen destas presas, como Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Cangas e Moaña, para que adopten as mesmas medidas de aforro de auga.

Segundo sinalou Caballero, o encoro de Eiras atópase a un 48,27 por cento da súa capacidade, e o de Zamáns, máis pequeno, está a un 44,37 por cento da súa capacidade. Estes niveis supoñen que "hai auga para 104 días".

Temas: AUGA SECA VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta