O PPdeG fracasa por segunda vez en tomar o goberno de Fene e anuncia medidas xudiciais

A mesa de idade do Concello de Fene decide non debater a moción de censura por non "darse as circunstancias". Ampara a decisión en que a suspensión como edís non adscritos dos integrantes de Somos Fenes baséase "nunha medida cautelar".

Por Galicia Confidencial | Fene | 26/10/2017 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

A mesa de idade do Concello de Fene (A Coruña) decidiu non debater a moción de censura presentada polos grupos municipais de Partido Popular e Somos Fene ao alegar que "non se cumpren os requisitos esixidos" nun dos artigos, o 197, da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral e por non "darse as circunstancias".

Deciden non debater a moción de censura no Concello de Fene (A Coruña).
Deciden non debater a moción de censura no Concello de Fene (A Coruña).

Foi na mañá deste xoves cando se presentou no Concello de Fene un escrito asinado por Ramón Mouriño, como representante de Partido Democracia Directa de Galicia, polo que se presentaron os dous edís de Somos Fene, dirixido á mesa de idade do pleno, que incide en que "a suspensión das condicións de edís non adscritos se basea nunha medida cautelar" e "non foi aínda revogada nunha sentenza firme e definitiva".

Así, lamenta que se exclúa "do computo da votación" aos dous edís que presentaron a moción co PP, ademais de que "se suspenda a votación até unha resolución definitiva do recurso interposto".

Esta petición foi aceptada pola presidenta da mesa de idade, Mariela Aguilar (BNG), coa oposición da outra integrante da mesa, Rocío Bertóa (PP), xa que para a edil nacionalista os concelleiros de Somos Fene "son tránsfugas".

Por iso, considerou que "non procede continuar co debate e votación da moción de censura" tal e como ampara unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, nunha das súas salas do contencioso.

DECISIÓN GARANTISTA

Após o acontecido, nun salón de plenos a rebordar, e con algunhas interrupcións debido aos berros e aplausos do público, o alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG), asegurou que "a mesa de idade decidiu acatar a solicitude presentada e dirixida cara os seus membros para suspender este pleno".

A decisión estivo avalada polo rexedor do BNG ao estimar que "ante toda esta inseguridade, a mesa decidiu facer o máis garantista". "Parece que hai xente que non o quere asumir e eles son os que teñen que explicalo", criticou.

Ademais, Trigo tamén destacou que, segundo o escrito do Partido Democracia Directa de Galicia, "eses concelleiros son transfugas" e "non están en condicións de asinar unha moción de censura, independentemente de que os recursos e trámites xudiciais sigan o seu curso", sostivo.

SECUESTRO Á DEMOCRACÍA

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal de PP e proposto na moción de censura para asumir a Alcaldía, Gumersindo Galego, asegurou que "o presidente da mesa de idade, pertencente ao BNG, acaba de cometer unha clara prevaricación, a pesar das advertencias de secretaris, onde se lle dixo que a moción reunía todos os requisitos legais".

Por tanto, considerou que, "após saltarse varios informes e a lei, incorreu nun delito". Así, avanzou que "terá entrada de maneira inminente no xulgado a decisión da mesa de idade", ao mesmo tempo que estimou que "o único que se consegue é atrasar esta moción un mes, dous meses ou tres meses, é dicir, o tempo que tarde en decidir o xulgado".

O portavoz popular catalogou o vivido no pleno que comezou ás 12,00 horas deste xoves como "un secuestro da democracia por parte dun partido nacionalista que, con tan só catro concelleiros, eríxese como a voz de todos os veciños de Fene, cando na oposición estamos doce edís", o que valeu para catalogar o acontecido como "unha situación antidemocrática total".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Dalle que libras

Tamén fracasaron os de CERNA que presentaban a moción de censura co PP

1 augadoce

Creo que te equivocas bastante coa tua insinuación. Deberias mirar quen enviou o escrito que posibilitou que se anulara o debate da moción, a súa militancia e tamén quen compon moitas das persoas que representan as candidatura de Participación Democratica Directa....... Supoño que xa o sabes pero o caso e "difamar" que algo quedara...