Temas: ABANCA

Préstamos para estudos de grao e mestrado e anticipos de bolsas de ata 44.000 euros

Abanca reforza a súa oferta para mozos con produtos flexibles, como a tarxeta NX, dispoñible ata os 34 anos, o a nova Conta Clara.

Por GC Emprende | A Coruña | 27/10/2017 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

ABANCA reforzou a súa estratexia para a mocidade cun paquete de produtos máis flexibles e competitivos, axustados ás particularidades deste segmento. Entre esta oferta adaptada destaca a liña de financiamento para estudos, ABANCA Estuda, con préstamos a baixo tipo de xuro que incorporan condicións máis vantaxosas para o cliente, como a posibilidade de aprazar os pagos ata catro anos.

Oficina de Abanca
Oficina de Abanca

Segundo inform a entidade, ABANCA Estuda inclúe préstamos para financiar estudos de grao e de posgrao en calquera institución académica, con condicións diferenciais para a formación impartida polo Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Os créditos cobren custos de matrícula e manutención por un importe de ata 44.000 euros, a un prazo máximo de oito anos e cun tipo de xuro desde o 3,50% segundo a modalidade elixida, moi por baixo da media do mercado de financiamento ao consumo.

Tanto o Préstamo Grao como o Mestrado contemplan como novidade a posibilidade de carencia inicial de capital e xuros de ata 24 meses pero, no caso da primeira modalidade, este prazo pode aumentarse ata 48 meses se o cliente elixe a opción de dispoñer do importe solicitado de forma progresiva, o que lle dá unha maior flexibilidade no caso de que non necesite a totalidade dos cartos no momento da formalización do préstamo. Esta opción permítelle dispoñer ano a ano, ata un máximo de catro, só da cantidade que necesite e non empezar a pagar ata o quinto ano, cando reciba todo o importe.

ABANCA Estuda ofrece tamén un préstamo específico para anticipar o cobro de bolsas concedidas para estudos ligados ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou de bolsas de Excelencia Xuventude Exterior da Xunta de Galicia. Esta modalidade contempla o adianto sen xuros de ata o 95% do importe da axuda, cun máximo de 5.000 euros no caso das bolsas MEC e 11.500 euros no segundo caso, no momento en que é concedida. O cliente poderá devolver o anticipo unha vez que a administración correspondente ingrese o importe da bolsa, cun prazo máximo de 10 meses.

Estratexia para a mocidade

Ademais das novidades incorporadas á liña de préstamos para estudos, ABANCA reforzou a súa estratexia para os clientes novos con outros produtos flexibles e adaptados ás particularidades deste segmento. Unha das iniciativas máis relevantes foi a mellora de condicións da tarxeta de débito NX, un dos produtos ‘estrela’ da entidade para os mozos, que constitúe un referente no conxunto do sector polos seus grandes beneficios.

Consulta dunha app para dispositivos móbiles de Abanca
Consulta dunha app para dispositivos móbiles de Abanca

A entidade ampliou ata os 34 anos o límite de idade desta tarxeta, que non ten comisións de mantemento nin de administración, nin tampouco por cambio de divisas no estranxeiro. Outra das vantaxes da NX é a retirada gratuíta de diñeiro en caixeiros de todo o mundo. En España, permite reintegros de efectivo gratuítos en toda a rede de ABANCA e ata cinco retiradas ao mes en calquera dispositivo da maior rede do sector (Euro 6000, Bankia e Banco Sabadell). No estranxeiro, poderase retirar diñeiro gratis en calquera caixeiro, ata un máximo de cinco veces ao mes.

A nova Conta Clara de ABANCA diríxese tamén principalmente cara ao segmento de xente nova, cun perfil máis dixital e que realiza as súas operacións habituais a través da banca electrónica, app móbil e do caixeiro. O produto está composto por unha conta corrente e un depósito -remunerado ata o 0,15% se o cliente domicilia a súa nómina/pensión- conectados entre si, que permiten aforrar de forma automática e sinxela. Non ten comisións de mantemento, administración e nin por transferencias online e ingreso de cheques. O paquete de contratación de Conta Clara inclúe para cada titular unha tarxeta de débito gratis -NX ou Visa Electrón- e unha de crédito -Visa Tú-, sen custo para os clientes menores de 35 anos e tamén para o resto a cambio duns requisitos mínimos.

Ás vantaxes pola contratación da Conta Clara o cliente pode sumar un incentivo de 200 euros ou elixir entre varios agasallos se domicilia antes do 31 de decembro a súa nómina ou pensión en ABANCA.

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta