Arbo di que desbrozou cos seus propios medios 85.000 hectáreas

Asegura que limpou viais, espazos públicos, sendeiros, áreas recreativas, parques e xardíns e que chegou a contratar unha empresa privada para os sitios máis complicados.

Por Galicia Confidencial | Arbo | 27/10/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O Concello de Arbo, veciño do das Neves --un dos máis afectados pola vaga de lumes--, destacou que os pequenos municipios tamén cumpren os seus cometidos de limpeza. Así, acaba de suliñar que durante os meses de xullo e agosto acometeu un "ambicioso" plan de limpeza e desbroce en todas as parroquias, en total, 85.000 hectáreas.

Limpeza e desbroce dunha pista forestal
Limpeza e desbroce dunha pista forestal | Fonte: Deputación de Lugo

"O principal obxetivo era chegar a todalas zonas, asi como concienciar os veciños e veciñas para manter limpo a Vila e ao mesmo tempo recordar os habitantes a obligación de manter as suas parcelas limpas, tal e como marca lei, cara a evitar posibles incendios e informar que a falta de precaución e o abandono de fincas con maleza, poderia dar lugar a responsabilidades que afrontarían os propietarios", indicou o concello nun comunicado.

Os traballos foron realizados con medios municipais, pero tamen se contratou a unha empresa externa especializada na eliminación de masa forestal e que chegou a zonas de dificil acceso. O plan abarcou  viais, áreas recreativas, sendeiros... "Un ambicioso e comopleto proxecto, nunca realizado nos últimos anos e co que se continuará na mesma línea durante os meses próximos", indicou.

Dende o concello solicitan a "colaboración e responsabilidade" dos propietarios para que manteñan as parcelas libres de masa forestal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 En fin

85.000 hectáreas??? En serio?? O deste medio é moito......jajajajaja.

1 Desbrozadora

Tendo en conta que Arbo ten unha superficie de 43000 hectáreas... Deberon de desbrozar ata os tellados das casas