Novas manifestacións en cidades e vilas galegas en apoio a Cataluña e contra a aplicacion do 155

A Plataforma Galiza con Catalunya chama a mobilizarse aos galegos ás 20.00 horas deste venres en contra da "represión" do Estado español.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Todas as grandes cidades e as principais vilas galegas serán o escenario este venres pola noite de diversas concentracións "en solidariedade co pobo de Catalunya" pola aplicación do artigo 155, que implica a suspensión da autonomía.

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

"Diante da escalada represiva que o Estado Español está a exercer en Catalunya, e diante da activación do artigo 155 da constitución española, verdadeiro golpe de estado á democracia, desde a CIG temos que responder, e así o facemos, solidarizándonos co pobo catalán e exixindo do Estado Español que cese no seu empeño por calar a voz de quen unicamente quere expresarse en liberdade e exercer o seu dereito a decidir", indica a CIG nun comunicado.

Esta entidade, xunto con outros sindicatos e partidos políticos chama a participar nas concentracións convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya que terán lugar ás 20: 00 horas, agás en Cangas, que será ás 19:00 horas.

"O Estado porfía en aplicar a represión, impón sancións económicas e administrativas e encarcera persoas por motivos políticos, por defenderen o dereito do pobo catalán a se expresar sobre o seu propio futuro", indica este sindicato. "Nun momento tan difícil para o soberanismo catalán, que vive ameazado por unha verdadeira cruzada contra a liberdade exercida polo estado español, e por unha actuación brutalmente represiva de todos os poderes do Estado, queremos transmitir desde a Confederación Intersindical Galega toda a solidariedade de clase ao pobo de Catalunya", engade.

As concentraciósn previstas serán en:

·        Santiago: Praza do Toural, 20h

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

·        A Coruña: Subdelegación do Goberno, 20h

·        Lugo: Subdelegación do Goberno, 20h

·        Ourense: Subdelegación do Goberno, 20h

·        Pontevedra: Praza da Peregrina, 20h

·        Vigo: Farola de Urzaiz, 20h

·        Ferrol: Praza Amada García, 20h

·        Ribadeo: Concello, 20h

·        Viveiro: Concello, 20h

·        Cangas: Concello, 19h

·        Vilagarcía, Praza de Galiza, 20h

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galispaña

Contra estas manifas de apoio a ilegais e fascistas supoño que se poderá actuar dende a xustiza? E senón "que nos dejen actuar" que xa estáben de ter que tragar con esta panda de fascistas que queren impoñer a unha maioría de demócratas a súa verdade. Sairemos coas bandeiras de España a facerlles fronte!!! Viva España!!!

1 nostrus

Eu sempre dixen que este non é un problema catalán, sinon que é un problema español baseado na deslealdade e no que Cataluña acumula a maior densidade de renegados, pero a presunta solidariedade que lle ven de fora demostra que renegados hainos en todas partes e por eso o referendum si hai que facelo temos que votar todos os españoles.