GC Aberto

E Ramón Souto, exhalou un suspiro

Aos tránsfugas que se autoproclaman de esquerdas en Fene, non lles pareceu preocupar o mais mínimo que no debate da súa compartida Moción de Censura co PP, a memoria do Alcalde fusilado no 36 estivese presente no hemiciclo.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 28/10/2017

Comparte esta noticia

Deciden no debatir la moción de censura en el Ayuntamiento de Fene (A Coruña).
Deciden no debatir la moción de censura en el Ayuntamiento de Fene (A Coruña).

Mesa de  idade

Son as 12 da mañá e o salón de plenos  do concello de Fene  está a rebordar, os asistentes acoden en masa para  ser testemuñas presenciais  do desenvolvemento dunha sesión histórica  do extraordinario pleno municipal, onde  o  único punto da orde do día somete a debate e a aprobación  da corporación a moción de censura interposta desde   as filas de PP co apoio tránsfuga  de dous concelleiros,  que  aliñados á esquerda nos comicios prestan agora  o seu apoio á dereita  co ánimo de derrocar á coalición de goberno conformada por EU  e  BNG,  e  a saber que outras  cousas mais.

Chéirase tensión  no ambiente, as murmuracións e  comentarios non apagan a percepción de disidencia  entre os seguidores dos dous bandos en contenda.

Os promotores da Moción xa nos seus escanos, sorrín  e fanse chiscadelas  de complicidade coma se anticipadamente  celebrasen un  positivo  desenlace do seu obxectivo. A  impaciencia vai en aumento ante a ausencia  dos  concelleiros do grupo de Goberno  que a tres minutos da hora de inicio seguen sen facer acto de presenza

Na parede oposta á Presidencia do Pleno,  enmarcados,  penden os retratos dos anteriores alcaldes da Corporación, entre eles o  do  fusilado Ramón Souto,  de cuxos ollos parece  brotar unha bágoa furtiva  ao verse obrigado “ in memoriam” a ser espectador da maior indecencia política cometida por un   sector da  “esquerda” fenesa, nin mais nin menos que  a mesma "esquerda", que meses atrás  conducía  unha Moción  para honrar a súa  memoria como vítima do golpe de estado do 18 de Xullo do 36 

.Un recoñecemento  do que agora desertan ao actuar como sustentáculo  do PP, deses  mesmos  que  se negan a reprobar  as dexeneradas  accións dos seus executores;  pois  non temos de esquecer  que corenta e un  anos despois, o partido que se deitou franquista e espertouse demócrata, segue sen condenar en firme a ditadura, como tampouco reprobar  os excesos cometidos  polo  desalmado  xeneraliño  de Ferrol.

Sácame da meditación un sonoro e pechado aplauso co que  a maioría dos presente saúda a entrada  no salón do  Alcalde  e a súa  equipa de Goberno, ovación  que non só indica a correlación de simpatizantes  entre os bandos  senón que  tamén  anuncia o inicio da sesión.

Os prolegómenos da  mesma  discorren  de forma regrada sen que en ningún momento a sesión sexa  perturbada  nin obstaculizada,  sendo a Secretaria Xeral do Concello  quen despois de facer referencia ao marco legal de aplicación,  dá lectura ao texto integro da Moción de Censura , unha exposición  que en todo momento  foi receptada en un clima de moderación  e coa atención do público asistente, salvo puntuais voces discordantes

Conforme  ás determinacións do marco legal anteriormente referida pola funcionaria procédese a constituír o Pleno baixo a presidencia dunha Mesa de Idade, integrada polos concelleiros de maior e menor idade dos presentes, función que  vén  recaer  en dúas  concelleiras  de signo oposto BNG e PP, sendo a representante do grupo nacionalista quen asume  a función de Presidencia en razón á   súa maior idade.

É  xusto aí, cando iniciada a sesión a Presidenta quen coa súa intervención aviva aínda máis  un ambiente xa caldeado,   ao suspender o debate utilizando o seu voto de calidade, aludindo a un escrito presentado previamente á sesión por un representante de Participación Democrática Directa de Galicia (PDDdeG),  que resulta ser o partido orgánico ao que pertence Somos Fene  e cuxo contido ao seu entender  lles deslexitima   como asinante da Moción de Censura deixando por tanto  sen efecto a súa  tramitación.Suspensión que  en todo momento foi contestada de forma airada  pola outra compoñente da Mesa,  con retirada de micrófono de forma violenta, xestos obscenos e  outras lindezas polo estilo. Rifa de xeito evidente impropia de de unha representante institucional

Pero o que verdadeiramente esixe a situación  é destapar  a identidade dos causantes deste barullo, descubrir   quen é  realmente os membros dese grupo,  que sen reparo nin conciencia non só mestúranse  senón que  conxuran  cos sucursalistas en Fene  de partido mais corrupto do país, é dicir, coa mafia do PP.   

É necesario desvelar   esa incógnita  dunha vez por todas  para rexenerar  a función  política   e poñer claridade nos electores,  especialmente agora,   cando de Somos Fene non só   renegan os seus proxenitores. senón que a  propia  plataforma que por accidentalidade  auspiciou a súa candidatura  ás municipais   insiste   de forma iterada na expulsión dos concelleiros  por transfuguismo.

Tránsfugas de Somos Fene

Non caben  disfraces por mais tempo, pois é de sobras sabido  que tras a   nebulosa da confusión    escóndese o evidente , tal é, que a  maioría dos aliñados ao redor da candidatura de Somos Fene  proveñen maiormente  do BNG e foron seguidores  de Beiras na súa escisión da formación nacionalista, e por tanto compoñentes en primeira instancia de Anova, da que posteriormente se segmentaron por guerras de caudillismo  para conformar Cerna, unha nova formación que ademais de ser o principal sustento de Villares  na  Marea,  en Fene, acolle na súa filas  entre outros a antigos concelleiros da corporación, incluído o anterior alcalde do BNG,  como tamén a que fose deputada substituta  de AGE no Parlamento Galego e membro á súa vez da candidatura  municipal. É dicir, os que coa súa actitude renegada  provocaron que no pleno  da  moción una  bágoa furtiva deslizásese pola meixela de Ramón Souto.

Foi  por iso que o Alcalde da foto,  unha vez cancelada a sesión,  desde a súa localización na parede,  ao ver saír coa cabeza gacha aos dous  derrotados concelleiros tránsfugas, miroulles de esguello e ao  tempo de esbozar un leve sorriso, cando atravesaron o limiar  da porta  exhalou  un suspiro de alivio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta