Temas: CATALUñA

Que efectos económicos ten en Galicia a declaración de independencia de Cataluña e a aplicación do 155?

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) advertiu que a declaración de independencia, a aplicación do artigo 155 e a dilación da crise de Cataluña tería efectos negativos nas previsións de crecemento. A Xunta xa rebaixou as previsións para o 2018. A crise catalá tamén dividiu a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), tras as declaracións do seu presidente a favor dunha saída dialogada da situación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A dilatación da crise de Cataluña, tras a declaración de independencia e a aplicación do artigo 155,  afectaría as probabilidades de que Galicia cumprise cos obxectivos de estabilidade e déficit en 2018, segundo advirte a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF). Con todo, estes expertos destacan que o país galego está "bastante saneado, en calquera caso". 

Celebración  no referendo de independencia de Cataluña
Celebración no referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez

Así se pronuncian fontes da AIReF no día no que foi presentado o seu 'Informe sobre as liñas fundamentais dos orzamentos para 2018 das comunidades autónomas'. Sinalan que é "probable" que Galicia cumpra co obxectivo de estabilidade orzamentaria o ano próximo, aínda que, "se se prolongase ao longo de 2018" a situación de Cataluña e os seus efectos para a economía, as previsións cambiarían.

En consecuencia desta dilatación "se se actualizan os recursos do sistema", que supoñen un 70% dos ingresos das comunidades, esta estimación pasaría de "probable" a "factible". Con todo, Galicia está "bastante saneada en calquera caso", segundo incidiron.

Xunta

Tamén, a Xunta estima que a crise en Cataluña terá efectos na economía galega. As estimacións da Consellería de Facenda para 2018 pasan dun crecemento do 2,7% a un 2,5%, unha rebaixa de dúas décimas. "Será un crecemento sólido que, de forma moi prudente, situamos nun 2,5 por cento. A baixada débese, sobre todo, a posibles efectos adversos ante a situación de Cataluña", explicou o conselleiro Valeriano Martínez hai uns días durante a presentación dos orzamentos de 2018.

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

Empresarios

A crise catalá tamén afectou a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Este mesmo xoves a Executiva da Confederación de Empresarios dá Coruña (CEC) expresou o seu "total apoio" ao presidente da CEG, Antón Arias, após as peticións de dimisión chegadas dos seus predecesores (José Manuel Fernández Alvariño e Antonio Diéter) e da patronal de Ourense por amosarse partidario dunha consulta pactada entre Cataluña e o Estado español.

En rolda de prensa após a reunión do comité executivo, o presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla, manifestou que o respaldo a Arias dos empresarios coruñeses mantense "sen fisuras" e lembrou que estas manifestacións foron feitas como "unha especie de reflexión" a título "persoal" e que, con elas, non quixo ir "en contra" da declaración institucional feita polos empresarios galegos.

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Gordagalegadaldea

http://www.publico.es/politica/ultr... https://www.meneame.net/story/feijo... Empezo a pensar en emigrar... Medo me dá todo isto.

4 Lliure

Visca la República de catalunya

3 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Efectos??? Ningún. Pero si o peor dos efectos económicos, sociais, culturais,... son os propios galegos para Galicia... a lo menos na súa gran maioría. En Galicia o incumprimento das normas está xeralizado, os postos de traballo públicos e privados requiren humillación previa dos individuos, co conseguinte asentimento sindical. O uso e abuso do poder está institucionalizado .....¿ e por qué vos sigue importando cataluña? porque non sabemos vivir sen ser humillados. ESO É O QUE PASA neste puñetero pais.

1 anonimo

En Galicia os postos de traballo públicos o que requiren e facer unha oposición, non " humillarse". Hai xente que vive fora da realidade. En Galicia hai mais de 100.000 funcionarios que obtiveron a sua praza a través dunhas duras probas. ¿ Seica os mestres ou os médicos tiveron que " humiilarse" para sacar unas oposicións? Por favor, hai xente que vive na edade media.

2 Galego

El nacionalismo suele tener efectos demoledores para la sociedad donde aparece. El caso más claro es Alemania, donde el nacional-socialismo provocó la peor guerra que se recuerda en el mundo. Por fortuna los gallegos siempre tuvimos la lucidez de reducir a la marginalidad a la siniestra UPG y sus partidos pantalla. Lo grave es que gente como Mariano Rajoy, ZP o Pedro Sánchez se anden con paños calientes a la hora de tratar con salvajes. Con los nacionalsocialistas alemanes los pactos sólo sirvieron para engordarlos, al igual que con los nacionalsocialistas catalanes.

1 Ith

Curioso que non consideres nacionalista ao PP....

2 Max Xenreira

Ser español tamen e ser nacionalista. Só que os nacionalismos que mais adeptos collen son os de dereitas.

1 bubin

Mariano ti es a ruina, por onde pasas o arrasas todo agora si que vai ser gran miseria, so fascista,