Temas: CATALUñA BNG

O BNG felicita os cataláns pola declaración de independencia e pide respecto á votación

O Bloque foi a primeira forza política en Galicia en reaccionar á aprobación no Parlament da República Catalá. O partido e os seus líderes felicitan aos cataláns e mostran o seu apoio aos independentistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A declaración de independencia de Cataluña —aprobada na tarde deste venres no Parlament con 70 votos a favor (dous menos dos que contaban Junts pel Sí e a CUP xuntos)— provocou unha inmediata reacción en redes sociais do BNG e dalgúns dos seus líderes. Parabéns, recoñecemento da nova República Catalá , mostras de apoio e peticións de respecto á votación foron as principais mensaxes enviadas dende o nacionalismo galego, nada máis coñecerse o resultado e proclamarse o Estado catalán.

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

A primeira en reaccionar foi a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, que deu a "benvida á nova República Catalana".

No mesmo minuto, a eurodeputada do BNG Ana Miranda lanzaba dous chíos en Twitter,  cun "Visca a República de Catalunya! e nos que enxalzaba a "valentía" dos cidadáns cataláns e enviaba a "solidariedade" do BNG.

Dous minutos despois era a conta oficial do BNG a que pedía "respecto" e "apoio" á decisión tomada no Parlament catalán.

E outros dous minutos despois xa era a líder do Bloque, Ana Pontón quen cualificaba este día como un "momento histórico".

Temas: CATALUñA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Aburrido

Adeus BNG , xa sei que son insignificante pero o meu voto voou , e polo que escoito non serei o único

1 Calquera

Non te preocupes, gañou o meu.

2 Freixo

O meu acaba de o recuperar; já somos dous para compensar.

1 Carliños

O diaño os cría e eles xúntanse. O BNG une a súa sorte á dos outros amigos dos golpistas que tamén lles felicitaron: Bildu, a ultradereita británica, e a extrema dereita flamenca. Particularmente noxento e fanático é o tweet de Ana Miranda, a vella vividora da Eurocamara. "Fachas" son todos os que se opoñen á besta golpista, desde o PP a Joan Manuel Serrat

1 CVF

Deixa esa drogha que estás a tomar porque te está a sentar moi mal. Vaite a un profisional meu. Un bico. E cúidate que ti non es así. E deixa de ver 13tv que te pon tontinho...

2 Carliños

Vostede perdoe, pero os amantes das drojas son as CUP e a súa sucursal galaica.