Temas: CATALáN EUROPA

The Guardian non contempla a Galicia entre as rexións europeas con aspiracións independentistas

O xornal británico publica un mapa sobre os pobos europeos nos que ten peso o independentismo. Inclúe dende Escocia, a Bretaña frances, Flandes ou Córcega, até o Condado de Istria ou Moravia. Galicia non é maracada como terra cun importante movemento independentista.

Por Galicia Confidencial | Londres | 27/10/2017 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O xornal británico The Guardian —referente entre a prensa de tendencias de esquerda no Reino Unido— publicou este venres un mapa de Europa no que o medio sinala as rexións onde existen claras aspiracións de independencia dos Estados nos que están integradas. Nese grupo non aparece Galicia. É obvio, polo tanto, que para o xornal británico o movemento secesionista en Galicia non ten suficiente peso político e social.

Mapa publicado por The Guardian que sinala as rexións de europas con aspiracións independentistas, no día no que se declarou a República Catalá
Mapa publicado por The Guardian que sinala as rexións de europas con aspiracións independentistas, no día no que se declarou a República Catalá | Fonte: The Guardian.

Nese mapa si sinala, ademais de a Cataluña —que este mesmo venres foi proclamada República independente no Parlament daquel país—, Euskal Herria (Euskadi, Navarra e País Vasco francés); malia que o PNV, no Goberno vasco, segue apostando por manterse integrado no Estado español, pero coas maiores garantías autonomistas que se gozan en España, o independentismo mantense forte e mantén viva a aspiración de ser Estado. 

O resto de rexións identificadas son o Condado de Istria (Croacia), Moravia (República Checa), Silesia checa (República Checa), Alta Silesia (República Checa, Polonia, Eslovaquia, a Terra Székely (Rumanía), as illas de Bornholm e Feroe (Dinamarca), Lombardía (Italia), Véneto (Italia), Sicilia (Italia), Tirol do Sur (Italia), Córcega (Francia), Flandes (Bélxica), a Rexión Valona (Bélxica), a Bretaña (Francia), Baviera (Alemaña), Irlanda do Norte (Reino Unido), Escocia (Reino Unido) e Gales (Reino Unido).

O xornal publica breves explicacións das características de cada unha destas rexións, baixo o título 'Máis aló de Cataluña: movementos independentistas en Europa'.

asas

Temas: CATALáN EUROPA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Dacosta

Gustaríame engadir que cando vin a noticia de The Guardian por primeira vez en Facebook, antes de pinchar nela, apreciábase un mapa inicial no que Galiza aparecía de cor amarela, logo unha vez entrabas na ligazón, xa non aparecía en amarelo nin alusión se facía a ela. Na mente de alguén estivemos. Aínda así está claro que o coñecemento de Galiza por parte deste xornal non ha de ser moi profundo.

1 Ferrolano

El nazionalismo gallego no tiene apoyo ayer fui a la Coruña y que bonita está con las banderas de España y a los que dicen que son pocas más pocas son las del Galicia con la estrella roja el día de santiago

4 FVDd

O único que di ese mapa é que o nacionalismo galego é moi malo, ninguén lle fai caso, nin dentro nin fora de Galicia.

1 pailán

Penso que o nacionalismo galego é, dentro dos moitos tipos de nacionalismos existentes , bastante digno nos seus presupostos ideoóloxicos, respetando os dereitos humanos e sociais. A súa base social en Galicia é máis ampla que a do BNG, sen ser independentista necesariamente. O resto de Galicia suporta, eu me supoño, o nacionalismo español. A quen ninguén fai caso fóra de Galicia e non toma en serio non é ó nacionalismo galego simplemente, é a Galicia en xeral. ¿Non ves que somos pailáns, pobres e gordos? A xente lendo La Voz de Galicia pensa que a Galifornia de Amancio Ortega está no embigo do mundo

2 RrTK

Pero se hai 5 millóns de turistas estranxeiros este ano, rapaz, que dis?

3 Valdeorras Nazón

Normal, para la prensa seria el independentismo gallego es de chiste malo. Pero claro, si sólo se lee Sermones Paliza se vive infelizmente fuera de la realidad. La explicación de Mexuto: son todos fachas y nos tienen manía. E logo a seguir forrándose.

1 Silandeiro

Valdeorras como Terra patrimonial do clan-etnia precelta dos Gegurri é célula primordial e cerne territorial da Nazón Galaica. Coidadiño, coidadiño coa deslealdade a tan sagro e valioso herdo humano!!

2 anonimo

Vaia, ho, deixai os do The Guardian esse que xa bastante choio tên con se meteren co Corbyn e co do Brexit, e nós aqui xa iremos fazendo...

1 Reborainasworld

E normal o BNG ten unha porcentaxe non moi alta de votos na actualiade e Anova diluiuse en Podemos, quero dicir nas Mareas. E unha boa análise. En Galicia o nacionalismo galego é residual grazas, entre outros, a Beiras

1 Vojko

Home, que aparezan Wallonia, Istria, Sicilia, etc...e non apareza Galiza xa dá que pensar. E aínda que no Parlamento e única forza exclusivamente nacionalista é o BNG, un compoñente fundamental de en Marea tamén o é. De feito, se ves as estatísticas, a porcentaxe da xente que vota en Marea (nas autonómicas) que é nacionalista é maior ca no BNG. E iso sen contar que o BNG é a terceira forza municipal.

2 Reborainasworld

A min que me contas. Pregúntallo a Pablo, vuestro compi ou é xefe? http://diario16.com/pablo-iglesias-...