En Marea defende no Senado o seu rexeitamento á aplicación do artigo 155

Vanessa Angustia destaca que "PP, PSOE e C's quixeron mostrar forza renunciando ao diálogo", di que En Marea é a voz “da Nación Galega" e reclama "o artigo 47, do dereito á vivenda ou o 128, que di que toda riqueza está subordinada ao interese xeral".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/10/2017 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

En Marea, a través da súa senadora Vanessa Angustia, votou en contra da aplicación do artigo 155 da Constitución para intervir a autonomía de Cataluña. "Coa aplicación do 155 están abrindo á porta a involución democrática, recortando liberdades e autonomía política", denunciou Angustia. 

Vanessa Angustia, senadora de En Marea
Vanessa Angustia, senadora de En Marea | Fonte: En Marea

A senadora asegurou que o voto de En Marea era "un total rexeitamento á aplicación do artigo 155", que quita a autonomía a Catalunya, permite o cese do Govern e a intervención da Generalitat. "O noso voto é un total rexeitamento á aplicación do artigo 155, que é un abuso do Goberno que perxudica a todos os cataláns e catalás”, afirmou a senadora.

Angustia insistiu en que "PP, PSOE e C's quixeron mostrar forza renunciando ao diálogo". "Pedímoslle que retiren a proposta de intervención. Reclamamos diálogo e o recoñecemento da diversidade e pluralidade", insistiu.  Ademais, reivindicou que En Marea é a voz “da Nación Galega" e reclamou "o artigo 47, do dereito á vivenda ou o 128, que di que toda riqueza está subordinada ao interese xeral".

"Sexamos independentes, si, das súas políticas de portas xiratorias galegas, que con ENCE e Reganosa afunden a economía do noso país e as nosas rías", insistiu. A senadora concluíu decindo que "hoxe só venceu a incapacidade, a imposición da forza e o veto ao diálogo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Undopobo

Quen é esta muller para falar no nome dos cidadáns de Galicia cando non representa mais que a unha escasa representación dos mesmos? Con qué dereito chama nación á nosa Comunidade cando nin siquera unha gran maioría dos seus supostos integrantes identifícase con esa entelequia política?

1 Celestino de Torbeo

Fala no nome dos milleiros de galegos que lle votaron e dalgúns milleiros que non lle votamos. Di nación como sinónimo de nacionalidade (o termo non ofrece dúbidas, até Fraga o sabía), recollido este no Estatuto legal e base do ordenamento xurídico galego e tamén do estatal. Que ti non concordes coa legalidade vixente non nos obriga aos demais a tragar sapos.

2 Gallego Español Bueno

Con lo bonito que era la amable región gallega, el folklore de la gaita de fuelles y el pulpo a la feria. Les das autonomía y unos te quieren ser Comunidad y otros Nación, y comienzan con llamar idioma al dialecto regional y acaban secesionando la Una, Grande y Libre España.

3 Pondaliao

E punto.