A declaración de independencia de Cataluña, entendida de dous xeitos distintos en En Marea

Dirixentes de Anova expresan en Twitter o seu apoio á República Catalá, mentres que dende Podemos Galicia e Esquerda Unida critican por igual a independentistas e Goberno central.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/10/2017 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Nunca o disimularon. Aínda que En Marea no Congreso dos Deputados sempre se puxo do lado de Podemos no seu posicionamento sobre o conflito catalán, estando en contra da declaración de independencia unilateral, pero también da reacción do Goberno de Rajoy, en Galicia o conto cambia, porque aquí Anova, Podemos Galicia e Esquerda Unida, malia estar integradas no partido instrumental, manteñen posturas moi distintas. E isto evidenciouse na tarde deste ventes en Twitter.

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

Líderes das formacións que integran En Marea expresaron nas súas contas nesta rede social o seu parecer sobre a declaración da República Catalá.

Dende Anova, tanto o histórico Xosé Manuel Beiras como o portavoz nacional desta formación, Antón Sánchez, ou Antón Dobao, expresaron o seu apoio ao Estado independente declarado no Parlament catalán con 70 votos dos 135 posibles. 

En contraste con esa euforia e ledicia mostra polos dirixentes da formación nacionalista Anova, Carmen Santos, dende Podemos Galicia, e Eva Solla e Yolanda Díaz, dende Esquerda Unida, lanzaban mensaxes de tristura e críticos tanto cos independentistas cataláns como co Goberno de Rajoy.

Así se evidenciou, unha vez máis, que no proxecto En Marea hai sensibilidades moi distantes no que se refire ao autogoberno de Galicia, o papel do Estado e o seu modelo autonómico e os procesos soberanistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

Non son sensibidades distintas. Son fondas contradicións. Eu co pobo e a republica catalá. Os de Podemos + IU cunha república e ruptura ficticia.