Proliferan as iniciativas de crowdfunding para axudar a Galicia tras a vaga de lumes

A plataforma GoFunde ten activadas dúas iniciativas para axudar á reconstrucción dos espazos queimados das Neves.

Por Galicia Confidencial | As Neves | 29/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A vaga solidaria tamén chega a Galicia logo da onde de lumes de hai uns días. Distintas campañas de crowdfunding para colleitar fondos que axuden a paliar as desastrosas consecuencias puxeronse en marcha nos últimos días.

Zona queimada polos incendios que arrasaron parte do Concello das Neves durante a vaga de lumes en pleno mes de outubro de 2017
Zona queimada polos incendios que arrasaron parte do Concello das Neves durante a vaga de lumes en pleno mes de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

E, as máis importantes van destinadas, sobre todo, a axudar a recuperar o concello das Neves, un dos máis afectados. O lume afectou aquí a case o 90% da súa superficie. Por ese motivo, a campaña 'Fondos de recuperación para As Neves' publicada na plataforma GoFundMe, pretende recadar 10.000 euros para axudar a este municipio pontevedrés. 

“Gustaríame recadar fondos para a recuperación dos bosques da zona, poder axudar coa repoboación deste magnífico lugar que agora está abatido e triste.  Animais queimados e arboles carbonizados. Necesitamos reunir diñeiro entre todos e axudar a esta provincia en todo o que podamos”, indica.

Outra das campañas, 'Axúdanos a darlles para comer', ten como obxectivo recadar 3.000 euros para transportar alimento, doado por persoas de Galicia, ata onde están os animais das zonas máis afectadas. 'Debido ao peso excesivo dos silos, a gran extensión da comunidade con 30.000km2 e o abrupto da súa xeografía, fai que transportar a comida aos lugares máis afectados sexa un pesadelo de miles de euros para os que agora o perderon todo”, indica esta petición.

Segundo informa, GoFundMe ofrece a súa plataforma mundial de crowdfunding aos cidadáns afectados, organizacións e persoas que queiran axudar a Galicia tras os devastadores incendios para que poidan publicar campañas de recolección de fondos e consigan alcanzar os seus obxectivos. Estas son as ligazóns ás campañas:

Municipio de As Neves afectado por los incendios en Galicia.
Municipio de As Neves afectado por los incendios en Galicia.

https://www.gofundme.com/fondos-de-recuperacion-para-galicia

https://www.gofundme.com/transportesolidario

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Moinante

Para de novo sementar eucaliptos e pinheiros? Por que nom lhe pidem os quartos a Ence?

1 321

Cala Moinante