A crise de Cataluña descobre ao mundo que Galicia tamén é “outra realidade nacional”

Deutsche Welle di que Galicia “ten a tradición máis forte de separatismo despois de Cataluña e o País Vasco” e Aljazeera apunta que hai quen cre que o país galego debería ser independente, “citando a historia celta de Galicia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A crise de Cataluña e suá proclamación de independencia está provocando que multitude de medios internacionais se fixen na peninsula e falen doutras realidades nacionais que existen no Estado. Fíxerono desde o británico The Guardian ata o New York Times dos Estados Unidos.

Galegos celebran a victoria do SI no referendo de independencia de Cataluña
Galegos celebran a victoria do SI no referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez

Pero nos últimos días, e tras a posibilidade de que Cataluña sexa intervida polo Goberno español, están aparecendo novas reportaxes nos medios internacionais sobre esta situación e sobre as distintas nacionalidades e nacións que conviven dentro do estado.

De feito, a axencia alemá Deutsche Welle asinaba un artigo que remitía a todos os seus abonados, incluído os internacionais, baixo o título “cataláns, galegos, vascos e máis: as moitas nacionalidades de España”, na que indicaba que, como en Cataluña, “varias partes de España teñen fortes referencias nacionais”.

Polo que respecto a Galicia, indicaba que, aínda que foi o lugar de nacemento do ditador Franco, “ten a tradición máis forte de separatismo despois de Cataluña e o País Vasco”. “Incluso os principais partidos nacionais de España mostran unha veta de galeguismo na rexión”, dixo en alusión a PP e PSOE. “Talvez como resultado, os partidos fortemente nacionalistas reciban unha menor participación no voto rexional”, recollía.

“Historia celta de Galicia”

Por outra banda, tamén Aljazeera tamén falaba da realidade nacional galega noutra ampla reportaxe adicada a situación do Estado español. Así, apuntaba a que ese feito diferencial se ten expresado por grupos que cren “que a súa terra debería reunirse con Portugal” e outros que argumentan que debería ser independente, “citando a historia celta de Galicia”.

Mapa do antigo Reino de Galicia
Mapa do antigo Reino de Galicia

“Pero Galicia segue sendo unha rexión rural, en gran parte agraria, con moita menos industrialización que o País Vasco ou a moderna Cataluña, e cunha produción económica inferior”, recollía. De feito, suliñaba que Galicia “vota constantemente polos partidos nacionalistas españois”, e ao igual que o medio alemá, tamén lembraba que “o autoritario líder español Francisco Franco era de Galicia, do mesmo xeito que Rajoy, o actual primeiro ministro”.

Con todo, Aljazeera lembraba que houbo un período na década de 1990 cando o Bloque Nacionalista Galego liderado por Beiras, “un partido secesionista de esquerda”, gañou moito apoio social. “As eleccións en 1997 viron como este partido gañaba o 25 por cento dos votos e 18 delegados no parlamento rexional... pero iso diminuíu a medida que o nacionalismo español cobrou forza a principios da década de 2000”, recollía.

Este medio árabe indicaba tamén, en palabras do historiador Tiago Peres Gonçalves, a quen entrevistou, que iso non significa que o movemento nacionalista estea morto. "De feito, na véspera do referendo do 1 de outubro en Cataluña, miles de persoas saíron ás rúas en varias cidades de Galicia en solidariedade e apoio do pobo catalán", dixo Peres a Aljazeera, a quen tamén comentou que “a prensa española, que foi acusada de parcialidad nos seus informes sobre a independencia catalá”, preocupa aos galegos, que cren que coa saída de Cataluña "se perdería parte do seu poder adquisitivo e habería unha diminución nos seus salarios".

Non hai tendencia independentista

Con todo, este mesmo venres, o xornal británico The Guardian —referente entre a prensa de tendencias de esquerda no Reino Unido— publicaba un mapa de Europa no que o medio sinala as rexións onde existen claras aspiracións de independencia dos Estados nos que están integradas. Nese grupo non aparece Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

8 Arturo

Fai moito, moito tempo que Galicia deixou de ser " proveedora de man de obra barata". Por favor. Eso era antes. Galicia está en claro declive demográfico, e o papel da man de obra barata hoxe o ocupan os sudamericanos ou os do Europa do Leste, mesmo en Galicia. En Galicia xa moito sudamericano ha hostelería, por exemplo. Vir agora con que Galicia é proveedora de man de obra barata é falar de fai sesenta anos.

7 Reborainasworld

6 Noa

De ilusión se vive. Pobriños nacionalistas

5 A verdade

Grazas a que os galegos tiveron que emigrar e viron mundo e as pasaron puñeteras...os fillos e netos destes nunca deixarán que a lacra do nacionalismo governe Galicia. Catro atrasados fillos de ricos son os que manteñen a benegallos e upegallos máis no rural onde a xente humilde e traballadora vive é onde reside a forza do pobo galego, que sabe que a dereita une e non divide, inclúe e non exclue, ... A lacra do nacionalismo leva á morte aos pobos.

1 Xanc

Emigrar grazas aos gobernos de Franco e dos seus herdeiros do PP. Levamos case un século de gobernos nacionalistas españois. A Galicia nunca tan ben lle foi coma cando foi máis autónoma (mirade e leede a historia..)

2 unmais

¿Queres deixar un comentario?Pois mira por inde que no rural tamen gobernan os nacionalistas como en Allariz, As Neves, Tomiño, Poio ou Bueu e onde gobernan repiten pola sua boa xestion e danlle esperanzas de futuro a eses pobos, mentres que no rural onde goberna o PP, pouco lles queda porque están morrendo os vellos e eses concellos desaparecerán por falta de poboacion. En canto o da emigración, cando os galegos saen é cando descobren o galleguismo, por iso o hino galego soou por vez primeira na Habana, e Bos Aires foi o foco do galleguismo durante moitos anos, pero a ignorancia é atrevida

3 Manda truco

Por que terían que emigrar? A dereita une si, aos ricos e aos ladróns. Se o nacionalismo leva á morte ós povos, o PP debe ser nacionalista galego de carallo.

4 Irmandiño

Remato eu a frase. A lacra do nazionalismo ESPAÑOL leva á morte ós diferentes pobos do estado. PP Partido da Podremia.

4 MMtD

Os de Aljazeera entrevistan un lusista e lles di que queremos ser portugueses, pero que valor ten esa entrevista, dun tipo que representa unha corrente do 0,1% da poboación. Por qué non entrevistan a alguén serio? Aljazeera non é una cadea seria?