Temas: CATALUñA

A crise de Cataluña descobre ao mundo que Galicia tamén é “outra realidade nacional”

Deutsche Welle di que Galicia “ten a tradición máis forte de separatismo despois de Cataluña e o País Vasco” e Aljazeera apunta que hai quen cre que o país galego debería ser independente, “citando a historia celta de Galicia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A crise de Cataluña e suá proclamación de independencia está provocando que multitude de medios internacionais se fixen na peninsula e falen doutras realidades nacionais que existen no Estado. Fíxerono desde o británico The Guardian ata o New York Times dos Estados Unidos.

Mapa do antigo Reino de Galicia
Mapa do antigo Reino de Galicia

Pero nos últimos días, e tras a posibilidade de que Cataluña sexa intervida polo Goberno español, están aparecendo novas reportaxes nos medios internacionais sobre esta situación e sobre as distintas nacionalidades e nacións que conviven dentro do estado.

De feito, a axencia alemá Deutsche Welle asinaba un artigo que remitía a todos os seus abonados, incluído os internacionais, baixo o título “cataláns, galegos, vascos e máis: as moitas nacionalidades de España”, na que indicaba que, como en Cataluña, “varias partes de España teñen fortes referencias nacionais”.

Polo que respecto a Galicia, indicaba que, aínda que foi o lugar de nacemento do ditador Franco, “ten a tradición máis forte de separatismo despois de Cataluña e o País Vasco”. “Incluso os principais partidos nacionais de España mostran unha veta de galeguismo na rexión”, dixo en alusión a PP e PSOE. “Talvez como resultado, os partidos fortemente nacionalistas reciban unha menor participación no voto rexional”, recollía.

“Historia celta de Galicia”

Por outra banda, tamén Aljazeera tamén falaba da realidade nacional galega noutra ampla reportaxe adicada a situación do Estado español. Así, apuntaba a que ese feito diferencial se ten expresado por grupos que cren “que a súa terra debería reunirse con Portugal” e outros que argumentan que debería ser independente, “citando a historia celta de Galicia”.

Galegos celebran a victoria do SI no referendo de independencia de Cataluña
Galegos celebran a victoria do SI no referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez

“Pero Galicia segue sendo unha rexión rural, en gran parte agraria, con moita menos industrialización que o País Vasco ou a moderna Cataluña, e cunha produción económica inferior”, recollía. De feito, suliñaba que Galicia “vota constantemente polos partidos nacionalistas españois”, e ao igual que o medio alemá, tamén lembraba que “o autoritario líder español Francisco Franco era de Galicia, do mesmo xeito que Rajoy, o actual primeiro ministro”.

Con todo, Aljazeera lembraba que houbo un período na década de 1990 cando o Bloque Nacionalista Galego liderado por Beiras, “un partido secesionista de esquerda”, gañou moito apoio social. “As eleccións en 1997 viron como este partido gañaba o 25 por cento dos votos e 18 delegados no parlamento rexional... pero iso diminuíu a medida que o nacionalismo español cobrou forza a principios da década de 2000”, recollía.

Este medio árabe indicaba tamén, en palabras do historiador Tiago Peres Gonçalves, a quen entrevistou, que iso non significa que o movemento nacionalista estea morto. "De feito, na véspera do referendo do 1 de outubro en Cataluña, miles de persoas saíron ás rúas en varias cidades de Galicia en solidariedade e apoio do pobo catalán", dixo Peres a Aljazeera, a quen tamén comentou que “a prensa española, que foi acusada de parcialidad nos seus informes sobre a independencia catalá”, preocupa aos galegos, que cren que coa saída de Cataluña "se perdería parte do seu poder adquisitivo e habería unha diminución nos seus salarios".

Non hai tendencia independentista

Con todo, este mesmo venres, o xornal británico The Guardian —referente entre a prensa de tendencias de esquerda no Reino Unido— publicaba un mapa de Europa no que o medio sinala as rexións onde existen claras aspiracións de independencia dos Estados nos que están integradas. Nese grupo non aparece Galicia

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 zqsh

O mapa do The Guardian nom está feito com muito critério. Galiza nom aparece mas aparece Gales, onde nom governa o nacionalismo nem governou a sua recente autonomía, e onde os niveis de apoio eleitoral ao nacionalismo som similares aos da Galiza. Bretanha tem menos apoio ao seu regionalismo do que Galiza ao seu nacionalismo no eleitoral, ja nom falemos das instituiçons de auto-governo. Nem falo do caso de Sicilia, mas se estam Serdenha e Gales deberiam estar tambem Galiza e mesmo as Illes Balears.

2 Gamela

Podo escribir Auschwitz https://i.gal/gamela13

1 nostrus

Este artigo non é serio ao afirmar que "Galicia é unha realidade nacional" cando non pasa de ser unha ficcion con moito menos argumentario que a Santisima Trinidade e que só cren nel os que teñen dita fe. Si rebuscamos no pasado pódense atopar argumentos para calquer idea por moi descabelada que pareza porque no pasado houbo de todo, desde haber na peninsula case cincuenta reinos distintos ata a proclamacion independentista de Cartagena no século XIX. Pode que dentro de unhos cantos séculos algun separata de turno se basee na proclamacion da independencia de onte de Puigdemont para asegurar que Cataluña é unha nacion; tan só tera que ter a fe e o fanatismo suficiente.

1 Histeria expañola

Se cadra, non te vería mal ler a historia de Galiza, da Gallaecia histórica, mesmo na Wikipedia en inglés, que van a fontes propias, normandas e arábicas. Podes escomenzar polo reino suevo, o primeiro reino Cristián, que por casualidades na histeriografia española non exist, e non empodrecer os mioles cos histeriadores mercenarios do século XIX e a suas "traduccións" dos textos clásicos, coma Lafuente, Sánchez Albornoz, Menender Pidal etc. Ti que falas de reinos inventados, hai que misturar moitas sustancias, para tragar co reino Asturiano, dun tal Paio (houbo un bispo Paio chamado o falsario por inventar unha sede Ovetense no medio da sede Britona) que matou en Covadonga a 300.000 mouros de Musa (en realidade gobernador musulman de Xixón e cuñado de Paio). Pasar un cisma relixioso arrianista e logo Musullman en Toledo, por unha invasión musumán etc.

2 Reborainasworld

Eu sempre tiven un sentimento profundo de pertenza á UE... Supoño que porque era moi noviña cando entramos e representaba a ilusión dos vellos ideais da igualdade, a fraternidade e a liberdade. Representaba tamén unha forma de entender o mundo no que todos os que formabamos parte desta unión nos sentiamos por riba de todo europeos. Evidentemente nos últimos tempos a miña confianza na UE alcanzou un nivel que xa case me fai escéptica... Pero, se alguén me lea, se alguén me escoita: escoita Europa a nosa chamada. Utiliza esta crise para reconstruírte, para reformularte, para facer que recuperemos a confianza e a ilusión. E aos alemáns que dicirlles? Creo que vós tedes unha responsabilidade cara os países do sur e cara o resto de Europa pola vosa fortaleza. Pero unha e outra vez semella que sodes incapaces de liderar os Estados Unidos de Europa...

3 Reborainasworld

Parece que só importamos coma mercado, proveedores de man de obra barata ou lugar de turismo. Estades a celebrar o centenario da Reforma e a un home de fe valente, Lutero. Oxalá tivésedes un pouco aínda daquel espírito que o alimentaba a el e que fixo alumear outro mundo. http://www.dw.com/en/opinion-the-eu... E se queredes liderar esa nova Europa, lembrade que a solución xa a deu un galego que morreu no exilio: Castelao. El escribiu: "a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña. b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. c) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea. d) Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial".

4 Reborainasworld

Pido aos galegos da emigración que nos axuden e que lembren a Castelao. Temos medo, eu teño medo... E a única esperanza que me queda é Europa. Malia que sei que é unha esperanza baleira aférrome a ela porque eu síntome cidadá da terra que creou en Atenas a democracia e alumeou o mundo a través das luces e dun home, un alemán moi puntual que dixo: sapere aude. https://elpais.com/diario/2008/02/0... Escóitanos Europa. Tes que escoitarnos e sobre todo vós, alemáns. Coma pode ser que sendo a patria de Schiller e de Beethoven non creades máis nos valores humanísticos de Europa, da Europa dos cidadáns... https://www.youtube.com/watch?v=Vxk...

5 Undopobo

A ver Reboiras que vexote con moita paixón. Precisamente por ser a Europa dos cidadáns, estes votan en Galicia moi distinto ao que tí defendes. E iso hai que aceptalo. É unha realidade dende hai caseque medio século. A maioría dos cidadáns galegos sinten como propia a nación española. Que lle ides facer! Que lle ides facer? Dende logo non insulta a eses cidadáns chamándolles galleguitos, atrasados, ignorantes e cousas parecidas as que escoitei tra-las últimas eleccións autonómicas. Eses cidadáns, na súa inmensa maioría síntense galegos e españois e rechazan a todos os que pretenden alonxalos da súa Patria Española, arrogándose o dereito de falar no seu nome. Viva Galicia e Viva España!

6 Pondaliao

Ti qué falas no nome do 25% do electorado galego que lle vota ao PP? Badoco!

7 Reborainasworld

Creo que a teor do que escribes a tua comprension lectora e inda peor que a tua expresion escrita. Por certo deberias escribir que te vexo.So o feito de que cokocases tan mal o pronome indicame que ti pouco tes que ver con ese mundo rural que vota maioritariamente aos conservadores malia que nin sequera falen ben a sua lingua nin se molesten en aprendela coma ti amosas. E asi nos vai. Por certo o meuu nick e unha homenaxe ao señorito da Reboraina de Otero Pedrayo cun matiz ironico... Que tampouco te enteres e te confundas co meu seudonimo tamen e moi significativo...

8 Parque_Jurásico_españolista

Histeria española, co do cisma refíreste aos adocionistas Elipando e Félix non si?. Había unha forte influencia ariana nesa "herexía". Moitos escritores galegos medievais acreditaban no arianismo en España, cousa que moitos historiadores espanhois non contan, pero si os franceses.