A Xunta insiste en que sufraga a talentos galegos

Educación destina 263.250 euros á UDC, USC e UVigo para pagar parte dos contratos de sete científicos no marco do programa Ramón y Cajal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2017 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Un dos grandes problemas que ten e tivo Galicia nos últimos tempos é a fuga de cerebros. E, precisamente, para tentar reter a algún deles, a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina un total de 263.250 euros a cofinanciar a captación, por parte das universidades galegas, de científicos cunha traxectoria destacada e alto potencial investigador, beneficiarios do subprograma Ramón y Cajal (do Ministerio de Economía e Competitividade).

Investigadores manifestandose para pedir que non haxa recortes en I+D+I
Investigadores manifestandose para pedir que non haxa recortes en I+D+I

Son investigadores que traballarán contratados nas universidades da Coruña (UDC), de Santiago de Compostela (USC) e de Vigo (UVigo) para que poidan incorporar nos seus campus os investigadores máis excelentes. Terán adicación completa durante cinco anos e coas condicións establecidas no Ramón y Cajal (RyC) traballarán catro na Universidade de Vigo, dous na de Santiago de Compostela e un da Coruña.

Pero estas axudas son só para pagar gastos adicinais, xa que os contratos das Ramón e Cajal están sufragados en base aos orzamentos do ministerio de Educación. O obxectivo das axudas Ramón y Cajal da Xunta é promover a incorporación de persoal investigador nacional e estranxeiro cunha traxectoria destacada en centros de I+D a través de contratos laborais ao longo de cinco anos. 

“A través do Programa de captación de talento, trátase de incentivar e apoiar accións de incorporación de científicos de alto nivel sen que iso comporte unha carga orzamentaria para as universidades, centros de investigación ou grupos onde desenvolvan a súa actividade”, apuntan desde Educación.

Así, indica que esta iniciativa súmase a outras xa desenvolvidas como o financiamento de 175 contratos predoutorais e posdoutorais para a potenciación e consolidación da carreira científica de 175 investigadores, ás cales a Consellería destina máis de 16 millóns de euros; “ou os 25 millóns de euros para o financiamento estrutural e continuado dos grupos, redes de investigadores e proxectos de excelencia que actualmente traballan no ámbito universitario”, engade.

Investigadoras universitarias durante unha manifestación a favor do ensino público
Investigadoras universitarias durante unha manifestación a favor do ensino público

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta